Xuízo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xuíces da Corte Internacional de Xustiza (2006).

Un xuízo é o exame que se realiza dunha persoa ou situación, co fin de chegar a unha conclusión, a capacidade para entender unha cousa ou para chegar cabalmente a unha conclusión.

Pero desde o punto de vista do Dereito, existe unha acepción procesual que define o xuíxo como o acto no que un xuíz escoita as alegacións das partes, e examina as probas que se lle presentan para ditar unha sentenza.

O concepto así delimitado equipárase ao termo "vista ou xuízo oral".

Nas lexislacións de todo Estado de dereito, para que un xuízo sexa válido, o xuíz debe escoitar a todas as partes que poidan resultar afectadas directamente pola resolución que se dite. Cando o xuízo versa sobre cuestións de importancia, é preceptiva a intervención dun avogado para cada parte; nas demais cuestións non é preceptiva, pero dado o alto nivel técnico da lexislación procesual, é conveniente ir asistido dun avogado.

Nos ordenamentos de tradición latina (como a española), o desenvolvemento dos xuízos ha seguir procedementos predefinidos nas chamadas leis de axuizamento, dependendo da orde xurídica de que se trate:

  • Xurisdición civil, que xulga as cuestións de dereito privado, patrimonial e familiar: Lei de Axuizamento civil.
  • Xurisdición penal, que xulga os delitos e as faltas: Lei de Axuizamento criminal.
  • Xurisdición administrativa, para revisar a actuación das administracións públicas: Lei da Xurisdición contencioso-administrativa.

Nos procedementos máis complexos, o xuízo é a parte do proceso no que se produce a asistencia das partes, testemuñas etc., diante do xuíz, e moitas veces vai precedido dun complexo de labor de instrución preparatoria, que pode levar meses ou anos.