Saltar ao contido

Empédocles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmpédocles

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἐμπεδοκλῆς Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 494 a. C. Editar o valor en Wikidata
Acragas, Italia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 434 a. C. Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Monte Etna, Italia, presumiblemente Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, presumiblemente, caída Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e medicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, poeta, escritor, filósofo, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade477 a. C. Editar o valor en Wikidata - 432 a. C. Editar o valor en Wikidata
MovementoEscola pluralista (pt) Traducir e Presocráticos Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAnaxágoras de Clazomenas, Parménides de Elea, Heráclito de Éfeso e Pitágoras Editar o valor en Wikidata
AlumnosGorxias de Leontini Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
PaiExainetos of Akragas (presumiblemente) Editar o valor en Wikidata
ParentesEmpedokles of Akragas, avó paterno (presumiblemente) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1154313
Empédocles

Empédocles, nado en Agrigento arredor de 483 a.C. e finado no Peloponeso arredor de 430 a.C., foi un filósofo presocrático, médico, lexislador, profesor e místico, alén de profeta. Defendeu a democracia e sustentou a idea de que o mundo está constituído por catro principios: auga, ar, lume e terra.

Todo sería unha determinada mestura deses catro elementos, en maior ou menor grao, e serían o que de inmutábel e indestrutíbel existiría no mundo. Regulando todo isto está a continua loita de dúas forzas: amor e odio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Non se coñecen as datas exactas do seu nacemento e da súa morte. É probable que nacese arredor do 490 a.C. e falecese cara ao 430 a.C., aproximadamente aos sesenta anos. Empédocles proviña dunha familia brillante e acomodada, polo que recibiu unha educación acorde a iso. O seu pai foi Metón, que interveu no derrocamento do tirano Trasideo, fillo de Terón no ano 470 a.C. O seu avó, tamén chamado Empédocles, foi criador de cabalos (segundo conta Dióxenes Laercio) e venceu nas carreiras de cabalos de Olimpia durante a LXXI Olimpíada.

Durante a infancia do filósofo, Agrigento, a súa cidade natal, gozaba do seu máximo poder e sona baixo o goberno do tirano Terón (488-472). Este foi recoñecido por ser un gobernante interesado polas artes e a relixión, encarnando así as preocupacións do pobo, que conformaron o medio espiritual do que se nutriu Empédocles. Logo da morte de Terón, a tiranía pasou a mans do seu fillo Trasideo. Posteriormente esta foi derrocada e estableceuse unha democracia en Agrigento. Nesta transformación política o filósofo desempeñou un importante papel, e a súa defensa da democracia instaurada levouno a disolver unha organización oligárquica coñecida como asemblea dos mil.[1] Ademais, persuadiu os habitantes de Agrigento para abandonaren as loitas entre partidos e cultivar a igualdade política, e rexeitou calquera cargo que lle quixeron outorgar.[2] Polos seus ideais democráticos e quizais pola súa extravagancia e os seus métodos, Empédocles fíxose moitos inimigos. Nunha das súas ausencias de Agrigento conspiraron contra el e impediron o seu regreso.

Foi un orador e médico excelente, quizais foi fundador da escola siciliana de medicina, aínda que outros atribúen este título ao seu amigo Acrón.[3] Diversos autores falan do seu talento para curar doenzas e dan fe de fazañas incribles. Heráclides conta que chegou ao punto de resucitar unha muller que levaba trinta días sen respirar.[4]

Hai varias lendas sobre a súa morte. Unha delas di que despois de celebrar un sacrificio nun campo de Pisianacte, todos os convidados, mesmo o seu discípulo Pausanias, se retiraron do lugar. Porén, Empédocles ficou aló. O día seguinte, o filósofo non se atopaba por ningures e algún servente dixo que escoitara unha voz que o chamaba e logo viu unha luz celestial. Despois diso, Pausanias determinou que era hora de louvalo como un deus.

Outra versión di que se lanzou ao volcán Etna,[5] buscando confirmar a súa unión divina coa natureza. Esta versión foi desmentida por moitos na antigüidade e considerada un engano (Hipóboto).[6] Timeo é quen dá o dato máis probable sobre a súa morte, dicindo que Empédocles morreu no exilio no Peloponeso, xa que se lle impedira regresar a Agrigento.

  1. Guthrie 1998, p. 143.
  2. Lan & Cordero 1985, p. 144.
  3. Lan & Cordero 1985, pp. 142-143.
  4. Lan & Cordero 1985, p. 142.
  5. Horacio, p. 64
  6. Lan & Cordero 1985, p. 150.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]