Filosofía moderna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte da "Escola de Atenas", por Rafael Sanzio
Historia da
filosofía occidental
Períodos
Presocrática
Grega
Helenística
Medieval
Renacentista
Moderna
Contemporánea
Séculos
XVII
XVIII
XIX
XX

A filosofía moderna abrangue os comezos do Renacemento e a reforma protestante até os derradeiros anos do século XX, que se asentará nos terreos da subxetividade.

As dúbidas sobre a posibilidade dun coñecemento obxectivo da realidade, material ou divino, farán do problema do coñecemento o punto de partida da reflexión filosófica. Son moito os acontecementos, que teñen lugar ao final da Idade Media, tanto de tipo social e político, como culturais e filosóficos, que abrirán as portas cara a modernidade.

En canto ao filosófico, o desenvolvemento do humanismo e da filosofía renacentista, xunto coa revolución copernicana, asociada ao desenvolvemento da Nova Ciencia, provocarán o derrubamento dunha Escolástica xa en crise e impoñerán novos esquemas conceptuales, das abadías e monasteriosa filosofía volverá á cidade; da glosa e o comentario, á investigación;da da razón.

Correntes[editar | editar a fonte]

Catro elementos enmarcan o esquema básico da época:

  • A Filosofía Racionalista
  • A Filosofía Empirista
  • O nacemento das Ciencias Modernas
  • A Ilustración

A filosofía moderna caraterízase por centralizar, sen excepción, o suxeito e facer da subxetividade o seu eixe.Tanto o racionalismo, dominante na Europa Continental, como o impirismo británico son subxetivistas, aínda que diversas nos seus desevolvementos teóricos, que darán lugar, a finais do século XVIII a unha síntese de notable profundidade especulativa como é a de Kant. Tamén hai que destacar que a filosofía moderna empeza co importante filósofo chamado Descartes.

Filósofos modernos[editar | editar a fonte]

  • Filosofía política: Adam Smith Thomas Hobbes
  • Empirismo: Locke
  • Racionalismo: Descartes
  • Ilustración: Voltaire, Rousseau, Montesquieu
  • Idealismo: Kant, Schelling
  • Irracionalismo: Kienkegaard
  • Ultiritarismo: Bentham