Roger Bacon
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1220 Ilchester, Reino Unido |
| Morte | c. 1292 Oxford, Reino Unido, presumiblemente |
| Lugar de sepultura | Church of Ss Edmund and Frideswide (Greyfriars Church) (en) St Ebbe's Church (en) |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Universidade de Oxford |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Teoloxía e filosofía da natureza |
| Ocupación | filósofo, alquimista, tradutor, inventor, matemático, astrólogo, musicólogo, teórico da música, físico, teólogo, escritor |
| Empregador | Universidade de Oxford Universidade de París |
| Movemento | Escolástica |
| Influencias | |
| Pseudónimo literario | Doctor Mirabilis |
| Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Roger Bacon, tamén coñecido como Doctor Mirabilis, nado en Ilchester contra o 1214 e finado en Oxford en 1294, foi un filósofo inglés, un dos máis coñecidos franciscanos do seu tempo e un dos máis antigos avogados do moderno método científico. Tamén foi un dos primeiros europeos en ensinar a Aristóteles grazas á influencia árabe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Oxford e trasladouse a París en 1236. De novo en Oxford (1251), escribiu Speculum astronomiae (no que corrixiu o sistema astronómico de Tolomeo), e unha Metafísica, malia iso en 1257, foille prohibido ensinar e volveu a París. Reformou o calendario xuliano en 1263.
A instancias do seu protector (Clemente IV), comezou os Communia naturalium (un compendio da ciencia da súa época), que deixou para escribir Opus maius (1267-1268), obra que enviou ao Papa xunto coa anterior e outras dúas (Opus minus e Opus tertium), escribiu tamén un Compendium studii philosophiae. Bacon sempre defendeu que a autoridade relixiosa non debía ser seguida acriticamente.
En 1277 o xeneral dos franciscanos atopou sospeitosas as súas obras (sobre todo polos ataques a Santo Alberte Magno e a San Tomé). Condenadas as súas teses, estivo na cadea ata 1292.