Filosofía da linguaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A filosofía da linguaxe é a área da filosofía que estuda a linguaxe, trata desde o punto de vista filosófico da natureza do significado lingüístico, do seu uso, aprendizaxe, creatividade, da comprensión, da interpretación, da tradución e de aspectos lingüísticos do pensamento e da experiencia. Os temas máis tratados pola filosofía da linguaxe son o estudo da orixe da linguaxe, a simbolización da linguaxe e sobre todo a actividade lingüística en xeral, e a semántica en particular. Outro ámbito relevante, próximo á sociolingüística, é a análise da relación entre a linguaxe e o mundo que implica a relación entre a palabra e o seu referente e como as linguas configuran os grupos culturais e a súa relación coa semiótica.