O sentimento é o estado afectivo dun ser humano ou un animal que experimenta unha emoción. A psicoloxía procura analizar as compoñentes fisiolóxicas dos sentimentos ao cerebro por mor da súa importancia como condicionantes da mente.
O sentimento oponse á razón e está próximo ao instinto. En moitas ocasións, aparece asociado co corazón. É sempre un estado subxectivo que se pode manifestar ou non cara ao exterior.