Filosofía no Exipto Antigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A filosofía no Antigo Exipto é unha filosofía moral, é dicir, é unha aplicación práctica dunhas doutrinas dunha pureza extraordinaria. Grazas a ela desenvolveuse unha actividade política, relixiosa, científica e artística.

A filosofía exipcia ía acompañada de bos preceptos como facer a Deus as ofrendas debidas, dar de comer ao famento, vestir ao espido etc. Pero tamén tiña prohibicións como por exemplo, blasfemar, matar, falar mal do rei ou dos pais, a envexa, a pereza, a curiosidade...

Os exipcios crían nun xuízo divino tras a morte e foron os primeiros en falar da inmortalidade da alma.

Pensamento exipcio[editar | editar a fonte]

O pensamento exipcio está integrado no concepto de Maat, que se traduce como Orde Cósmica, Verdade e Xustiza. Maat é aquilo que regula todo. O seu contrario é o Caos.

  • Maat como Orde Cósmica. Maat é o conxunto de forzas que fan do mundo algo ordenado, regulando os cambios cíclicos da natureza e dándolle sentido á oposición de contrarios.
  • Maat como Verdade. Maat como Verdade sería a unidade do existente, xa que, aquilo que non existe non é verdade.

Deste xeito, poderíase dicir que o pensamento exipcio concibe o mundo como racional e polo tanto, a razón humana debe axustarse a Maat para alcanzar a Verdade.

  • Maat como Xustiza. Maat no ámbito moral é o equilibrio, o que se traduce como xustiza. Unha acción será boa cando sexa xusta e se adapte a Maat e será mala no caso contrario.

A racionalidade exipcia concibe un mundo dualista, dinámico e cíclico, regulado por unha orde cósmica universal que recolle todos os elementos e os seus contrarios e dálles equilibrio, sendo desta forma, fonte de coñecemento e de moral.

O home e os seres[editar | editar a fonte]

O home exipcio consideraba aos seres como unha suma de forzas (Ka) e enerxías vitais (dyet) que viven no seu corpo. Esta concepción trasládese ás cousas.

Para que existe un ser, non se pode perder nin o corpo nin a suma de Ka e dyet, por iso se leva a cabo o proceso de momificación. Consérvase o corpo para que nel habite a Ka e o dyet e, desta forma, evitar perder aos seres.

Filósofos[editar | editar a fonte]

Pitágoras[editar | editar a fonte]

O pitagorismo formulou principios que influíron en Platón e Aristóteles. Pitágoras fundou en Crotona a Irmandade Pitagórica, unha escola filosófica e relixiosa que tiña un carácter matemático, concibían todos os seres do universo como expresables matematicamente. Os principios matemáticos tamén eran os principios dos seres reais. Ademais, esta escola tiña un carácter relixioso xa que afirmaba a inmortalidade e a transmigración das almas. Unha das máximas desta fundación é que a filosofía pode usarse para purificar a alma a través do coñecemento. A fisis do pensamento pitagórico son os números.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]