Causalidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A causalidade en filosofía parte do feito de que todo suceso se orixina por unha causa.

Condicións[editar | editar a fonte]

Para que un suceso A sexa a causa dun suceso B tense que cumprir tres condicións:

  • Que A aconteza antes que B.
  • Que sempre que aconteza A aconteza B.
  • Que A e B estean próximos no espazo e no tempo.

O observador, tras varias observacións chega a xeneralizar que posto que ata agora sempre que ocorreu A deuse B, no futuro ocorrerá o mesmo. Así se establece unha lei.

Como no seu día dixo Hume, nunca hai observacións suficientes para relacionar A con B.

En Kant a causalidade é unha das categorías a priori do entendemento, e entón non provén do costume (como dicía Hume) senón ten un carácter necesario e universal. Isto permite que a ciencia se apoie sobre o principio de causalidade sen deixar de ser necesaria e universal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]