Heinrich Rickert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heinrich Rickert
Heinrich Rickert.jpg
Nacemento25 de maio de 1863
Lugar de nacementoGdańsk
Falecemento25 de xullo de 1936
Lugar de falecementoHeidelberg
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín e Universidade de Estrasburgo
Ocupaciónfilósofo e profesor universitario
PaiHeinrich Rickert
FillosArnold Rickert, Heinrich Rickert e Franz Rickert
IrmánsFranz Rickert
editar datos en Wikidata ]

Heinrich Rickert, nado en Danzig en 1863 e finado en Heidelberg en 1936, foi un filósofo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor na Universidade de Friburgo desde 1891, onde tivo como alumno a Martin Heidegger. Sucedeu en 1916 a Wilhelm Windelband na cátedra de filosofía en Heidelberg.

Integrado na escola neokantiana de Baden, desenvolveu unha "filosofía dos valores" como a prioris nos que fundar unha conceptualización científica no campo das ciencias culturais. Desta forma Rickert pensaba superar o relativismo historicista e completar ó mesmo tempo a reflexión kantiana sobre as ciencias da natureza. Os valores terían un rango ontolóxico propio diferente das realidades físicas e tamén psíquicas, pero podendo residir nun obxecto, transformándoo nun ben, ou nos actos dun suxeito, converténdoo en algo valorable.

O obxectivo das ciencias culturais consistiría en poñer en relación os feitos por elas estudados con algún valor. Agora ben, non concibe a valoración do investigador como unha arbitrariedade guiada subxectivamente, senón como unha actividade na que se debe constatar os valores que de feito actúan social e historicamente. É dicir, non se trata dunha valoración práctica (Ética), senón dunha valoración teórica (Ciencia). Pódese dicir que Rickert se sitúa a medio camiño entre as filosofías naturalistas e as filosofías vitalistas que dominaron as primeiras décadas do século XX.

Como obras salientables mencionaremos Ciencias culturais e ciencias naturais (1899), Os límites da conceptualización naturalista (1896-1902) e Filosofía da vida (1920).