Youssef Chahine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Youssef Chahine
Youssef Chahine in Cairo 1986.jpg
Nacemento25 de xaneiro de 1926
 Alexandría
Falecemento27 de xullo de 2008
 O Cairo
Causahemorraxia cerebral
NacionalidadeExipto
EtniaSyro-Lebanese in Egypt
Alma máterCollège Saint Marc
Ocupaciónactor, director de cinema, guionista e produtor de cine
PremiosUrso de Prata e François Chalais Prize
editar datos en Wikidata ]

Youssef Chahine (en árabe: يوسف شاهين), nado en Alexandría o 25 de xaneiro de 1926 e finado no Cairo o 27 de xullo de 2008, foi un director de cinema exipcio. [1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chahine naceu en 1926, fillo de pais libaneses. O seu pai, católico, mudárase a Exipto. No que respecta á relixión, Youssef Chahine non era un practicante dela[2] e respondía que era "exipcio" se lle preguntaban por iso.[3]

Dende moi novo sentiuse atraído polas artes escénicas, ata o punto de crear espectáculos para a súa familia. Comezou a súa formación no Collège Saint Marc e logo asistiu ao prestixioso colexio Victoria de Alexandría. En 1946 convenceu os seus pais para que lle permitisen viaxar a Hollywood para estudar como actor na Pasadena Playhouse nos arredores dos Ánxeles, California.

Con todo, cando volveu ao seu país, centrouse na dirección e entrou na industria do cine da man do cineasta Alvisa Orfanelli. Chahine dirixiu o seu primeiro filme, Baba Amin, en 1950. Ao ano seguinte realizou Nile Boy, polo que foi convidado ao Festival de Cannes, e en 1954 dirixiu o primeiro filme de Omar Sharif, Sira 'fi-l-Wadi. Con al-Ikhtiyar (The Choice, 1970) gañou o Tanit de Ouro no Festival de Cinema de Cartago. Tres anos despois realizou a primeira coprodución exipcio-alxeriana, The Sparrow, en que mostrou a súa opinión política sobre a guerra dos Seis Días.

Gañou o Oso de Prata - Premio especial do xurado na 29.ª edición da Berlinale, o Festival de Cinema de Berlín con Iskanderija... lih (1978). [4] O filme era a primeira parte dunha saga autobiográfica, que se completou con An Egyptian Story (1982), Iskandria Kaman wa Kaman (1990) e Alexandria... New York (2004).

Sobre a súa obra, Youssef Chahine sinalou que "fixen os filmes para min mesmo. Tamén para a miña familia. Tamén para Alexandría. Tamén para Exipto. Se ao mundo árabe lle gusta, ahlan wa sahlan (benvido sexa). Se lle gusta á audiencia exterior, é dobremente benvido".[5]

Chahine foi ingresado no hospital El Shorouq do Cairo cun coma causado por unha aparente hemorraxia cerebral o 15 de xuño de 2008. Ao día seguinte, foi trasladado a París nun voo de emerxencia e ingresado no Hospital americano de Neuilly-sur-Seine, ao oeste de París. A súa sobriña dixo a AFP que era "crítica pero estable".

O 7 de xullo de 2008, Chahine morreu na súa casa do Cairo.

Filmografía[editar | editar a fonte]

# Ano Título en árabe Título en inglés Transliteración Notas
1 1950 بابا أمين Papa Amin Bābā Amīn
2 1951 ابن النيل Son of the Nile Ibn an-Nīl
3 1952 المهرج الكبير The Great Clown Al-moharrig al-kabīr
4 1953 سيدة القطار Lady on the Train Saydat al-Qitār
5 نساء بلا رجال Women without Men Nisā blā rigal
6 1954 صراع فى الوادي Struggle in the Valley Ṣirāʿ fi-l-wādī Tamén coñecido como The Blazing Sun
7 شيطان الصحراء The Desert Devil Xayṭān as-Saḥrāʾ
8 1956 صراع فى الميناء Struggle on the Pier Ṣirāʿ fi-l-mīnāʾ Tamén coñecido como Dark Waters
9 1957 ودعت حبك Farewell to Your Love Waddaʿtu hubba-ka
10 إنت حبيبى You're My Love Inta habībī
11 1958 باب الحديد Cairo Station Bāb al-Ḥadīd
12 جميلة بوحريد Jamila, the Algerian Jamīla Būḥrīd
13 1959 حب إلى الأبد Forever Yours Ḥubb ilà-l-abad Participou no primeiro Festival de Cinema de Moscova[6]
14 1960 بين ايديك In Your Hands Bayn Edayk
15 نداء العشاق A Lover's Call Nidāʾ al-ʿUxāq
16 1961 رجل في حياتي A Man in My Life Ragul fi-ḥayātī
17 1963 الناصر صلاح الدين Salladin the Victorious An-Nāṣir Ṣalāḥ ad-Dīn Participou no terceiro Festival de Cinema de Moscova[7]
18 1964 فجر يوم جديد Dawn of a New Day Fagr yūm gadīd
19 1965 بياع الخواتم The Ring Salesman Biyāʿ al-ẖawātim

Tamén coñecido como Auliban, the Seller of Jokes.
Protagonizado pola estrela libanesa Fairuz.
Baseado nun musical de 1964.

20 1966 رمال من ذهب Golden Sands Rimāl min ḏahab
21 1967 عيد الميرون The Feast of Mairun ʿId al-Mairūn Curtametraxe
22 1968 الناس والنيل Those People of the Nile An-nās wa-n-Nīl
23 1969 الأرض The Land Al-arḍ
24 1970 الإختيار The Choice Al-iẖtiyār
25 1972 سلوى الفتاة الصغيرة التى تكلم الأبقار Salwa the Little Girl who Talks to Cows Salwà al-fatā aṣ-ṣaġīra allatī tukallam al-abqār Curtametraxe
Tamén coñecida como Salwa
26 1973 العصفور The Sparrow Al-ʿasfūr
27 انطلاق Forward We Go Inṭilāq Documental
28 1976 عودة الابن الضال Return of The Prodigal Son ʿŪdat al-ibn aḍ-ḍāl
29 1978 إسكندرية... ليه؟ Alexandria... Why? Iskanderija... lih
30 1982 حدوتة مصرية An Egyptian Tale Ḥaddūta miṣriyya
31 1985 وداعًا بونابرت Adieu Bonaparte Widāʿan Bonābart
32 1986 اليوم السادس The Sixth Day Al-yawm as-sādis
33 1989 إسكندرية كمان وكمان Alexandria Again and Again Iskandria Kaman wa Kaman
34 1991 القاهرة منورة بأهلها Cairo as Told by Chahin Al-Qāhira menawwara bi-ahli-hā Documental para a televisión
35 1994 المهاجر The Emigrant Al-mohāgir
36 1997 المصير The Destiny Al-maṣīr
37 1998 كلها خطوة It's Only a Step Kollu-ha Ḫaṭwa Curtametraxe
38 1999 الآخر The Other Al-āẖar
39 2001 سكوت ح نصور Silence, We're Rolling Sokūt ḥa-nṣawwar
40 2002 11, سبتمبر September, 11th 11, sabtambar Tamén coñecido como 11'09"01 Eleven Minutes, Nine Seconds, One Image
41 2004 إسكندرية-نيويورك Alexandria-New York Iskandariyya-New York
42 2007 هي فوضى..؟ Is This Chaos..? Hiya fawḍà..? Estreado no Festival de Cinema de Venecia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Encyclopædia Britannica: Chahine, (Gabriel) Youssef, Egyptian filmmaker". Britannica.com. 
  2. El-Shennawy, Tarek (27 de xullo de 2009). "Middle East Broadcasting Corporation". Mbc.net. 
  3. Elaph Newspaper Article by Adnan Hussein. Issue# 3007. 18 de xuño de 2008.
  4. "Berlinale 1978: Prize Winners". berlinale.de. Consultado o 14/08/2010. 
  5. "Breaking News, UAE, GCC, Middle East, World News and Headlines – Emirates 24/7". Business24-7.ae. 12/02/2012. Consultado o 17/02/2012. 
  6. "1st Moscow International Film Festival (1959)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 16-01-2013. Consultado o 28-10-2012. 
  7. "3rd Moscow International Film Festival (1963)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 16-01-2013. Consultado o 1-12-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]