Lingua bosníaca
| Lingua bosníaca | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| bosanski jezik | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
O bosníaco[1][2] (en alfabeto latino: bosanski, en alfabeto cirílico: босански) ou bosnio[3] é unha variante do antes chamado serbocroata. Baséase na variante occidental do dialecto štokavian e usa tanto o alfabeto latino como o alfabeto cirílico. Actualmente considérase unha lingua diferenciada do serbio, do montenegrino e do croata, formando un continuo dialectal. Fálano gran parte dos habitantes de Bosnia e Hercegovina. Tras a independencia do país decidiuse substituír o serbocroata como lingua oficial, cambiándoo polo serbio, o croata e o bosníaco, que son tres variedades do mencionado serbocroata.
Nome do idioma
[editar | editar a fonte]O nome da lingua é controvertido. Os croatas e serbios de Bosnia e Hercegovina chámano croata e serbio respectivamente. A Constitución da República Srpska, onde este idioma é tamén lingua oficial, refírese ao idioma como "Lingua falada polos bosníacos" ("Jezik kojim govore Bošnjaci"), do mesmo xeito que o fai o goberno de Serbia. O nome de lingua bosníaca é o máis comunmente aceptado entre os lingüistas bosníacos, ademais de ser usado no estándar ISO 639.
Recoñecemento Oficial
[editar | editar a fonte]O Tratado de Dayton, recoñece ao bosníaco como unha lingua diferenciada falada en Bosnia e Hercegovina polos bosníacos e figura como tal na constitución dese país.
Historia
[editar | editar a fonte]A moderna lingua bosníaca usa o alfabeto latino, aínda que os escritos máis antigos utilizaban un tipo de cirílico bosníaco denominado bosančica dende o séculos X ou XI. O documento máis antigo das linguas Bosníaca, Croata e Serbia é a táboa Humac, que está escrita nesta tipografía. A carta bosníaca foi escrita en cirílico en 1189 polo dirixente bosníaco Kulin Ban. O 3 de xullo de 1436 na rexión de Kotor, un duque mercou unha moza dicindo: Muller bosníaca, herética e de lingua bosníaca chamada Djevena. O primeiro dicionario bosníaco data de 1631.
Gramática
[editar | editar a fonte]A súa base fundamental é a variante occidental do dialecto štokavo.
Estandarización
[editar | editar a fonte]A pesar de que os bosníacos falaban unha lingua moito máis homoxénea que os croatas ou os serbios, o idioma bosníaco non logrou estandarizarse no século XIX.
Vogais
[editar | editar a fonte]O vogalismo da lingua bosníaca baséase en cinco vogais.
| Escritura latina | Escritura Cirílica | IPA |
|---|---|---|
| i | и | [i] |
| e | е | [ɛ] |
| a | а | [a] |
| o | о | [ɔ] |
| u | у | [ou] |
A letra "R" pode representar tanto unha vogal como unha consoante. É considerada unha vogal cando está rodeada por dúas consoantes, como en brzo (rápido).
Consonantismo
[editar | editar a fonte]O sistema consonántico do bosníaco ten como características unhas series de consoantes africadas e palatais, non presentando aspiración. Nos bloques de consoantes denominados "clústers" (que son grupos de consoantes sen vogais), todas son sonoras ou xordas. A regra non se aplica ás aproximantes, que poden ser sonoras ou xordas ou para palabras estranxeiras, como Washington (VašinGton/ВашинГтон), nomes propios ou cando as consoantes non forman parte dunha mesma sílaba. As R poden ser silábica, realizando unha función de vogal en certas palabras e mesmo ser acentuada, como en serbio, croata, macedonio, esloveno, checo e eslovaco.Raramente pode ser silábica, por exemplo, no nome do río "Vltava", a 'l' é silábica, igual que os grupos lj, m, n e nj en xerga.
| Grafía latina | Grafía cirílica | IPA | |||
|---|---|---|---|---|---|
| vibrantes | |||||
| r | р | [r] | |||
| aproximantes | |||||
| v | в | [ʋ] | |||
| j | ј | [j] | |||
| laterais | |||||
| l | л | [l] | |||
| lj | љ | [ʎ] | |||
| nasais | |||||
| m | м | [m] | |||
| n | н | [n] | |||
| nj | њ | [ɲ] | |||
| fricativas | |||||
| f | ф | [f] | |||
| s | с | [s] | |||
| z | з | [z] | |||
| š | ш | [ʃ] | |||
| ž | ж | [ʒ] | |||
| h | х | [x] | |||
| africadas | |||||
| c | ц | [ʦ] | |||
| dž | џ | [ʤ] | |||
| č | ч | [ʧ] | |||
| đ | ђ | [ɟj] | |||
| ć | ћ | [cç] | |||
| explosivas | |||||
| b | б | [b] | |||
| p | п | [p] | |||
| d | д | [d] | |||
| t | т | [t] | |||
| g | г | [g] | |||
| k | к | [k] | |||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bosníaco.
- ↑ "bosníaco". TERGAL. Consultado o 29/05/2019.
- ↑ "bosnio". TERGAL. Consultado o 29/05/2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua bosníaca |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de Ethnologue para a lingua bosníaca Arquivado 02 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
- Páxina sobre a lingua bosníaca
- Curso de Bosníaco (en inglés)
- The Oslo Corpus of Bosnian Texts
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
