Lingua kirguiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kirguiz
Кыргызча ou Кыргыз тили, قىرعىز تىلى, Kırgızça ou Kırgız tili
Falado en: Kirguizistán, Afganistán, Xinjiang (China), Taxiquistán, Rusia, Paquistán
Total de falantes: 2 900 000 (1993–2000)
Familia: Linguas turcas
 Linguas kipchak
  Kirguiz–kipchak
   Kirguiz
Escrita: Alfabetos kirquiz, (cirílico, e árabe), antigamente latino)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Kyrgyzstan.svg Kirguizistán
Códigos de lingua
ISO 639-1: ky
ISO 639-2: kir
ISO 639-3: kir
Idioma kirguís.png

A lingua kirquiz[1] ou quirguiz (na súa forma nativa Кыргызча, Кыргыз тили, قىرعىز تىلى, Kırgızça, Kırgız tili) é unha lingua turca falada por preto de catro millóns de persoas en Kirguizistán, así como na China, Afganistán, Casaquistán, Taxiquistán, Turquía, Uzbequistán, Paquistán e Rusia. O kirguiz é membro do subgrupo kirguiz–kipchak das linguas kypchak, e a converxencia lingüística da actualidade deu como resultado un incremento do grao de intelixibilidade entre o kirguiz e o casaco.

O kirguiz era escrito orixinalmente en runas turcas,[2] mais foi substituído gradualmente polo alfabeto árabe (en uso ata 1928 na USSR, aínda en uso na China). Entre 1928 e 1940, usouse un alfabeto turco baseado no latino. En 1940, por mor da política xeral soviética, o alfabeto cirílico converteuse no máis habitual, e mantense aínda hoxe, malia que algúns kirguiz seguen a usar o alfabeto árabe. Cando Kirguizistán conseguiu a independencia despois do colapso da Unión Soviética en 1991, houbo un movemento para tentar recuperar o alfabeto latino (nunha versión máis próxima á do alfabeto turco), pero o plan non foi implantado aínda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kirguiz.
  2. Кызласов И. Л., Рунические письменности евразийских степей (Kyzlasov I.L. Runic scripts of Eurasian steppes), Восточная литература (Eastern Literature), Moscow, 1994, pp. 80 on, ISBN 5-02-017741-5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Krippes, Karl A. (1998). Kyrgyz: Kyrgyz-English/English-Kyrgyz: Glossary of Terms. Hippocrene Books, New York. ISBN 0-7818-0641-0.
  • Library of Congress, Country Studies, Kyrgyzstan.
  • Comrie, Bernard. 1983. The languages of the Soviet Union. Cambridge: Cambridge University Press.
  • Beckwith, Christopher I. 1987/1993. "The Tibetan Empire in Central Asia." Princeton: Princeton University Press.
  • Tchoroev, Tyntchtykbek. 2003. The Kyrgyz.; in: The History of Civilisations of Central Asia, Vol. 5, Development in contrast: from the sixteenth to the mid-nineteenth century /Editors: Ch. Adle and Irfan Habib. Co-editor: Karl M. Baipakov. – UNESCO Publishing. Multiple History Series. Paris. – Chapter 4, p. 109 – 125. (ISBN 92-3-103876-1).