La Victoire en chantant
Aparencia
| La Victoire en chantant | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||
La Victoire en chantant é un filme franco-marfilés de 1976 dirixido por Jean-Jacques Annaud, sinalando o seu debut como director. O filme trata dos colonos franceses en guerra cos alemáns en África Central durante a primeira guerra mundial, e está ambientado na colonia alemá do Camerún. O filme ten un punto de vista marcadamente antimilitarista, e salienta por ridiculizar o bando francés aínda máis duramente que os seus homólogos alemáns. O título orixinal en francés son as catro primeiras palabras da canción militar Le Chant du départ.
Gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1976,[1] e foi proposto á Academia por Costa do Marfil, converténdose no primeiro e único Óscar do país.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jean Carmet como sarxento Bosselet
- Jacques Dufilho como Paul Rechampot
- Catherine Rouvel como Marinette
- Jacques Spiesser como Hubert Fresnoy
- Maurice Barrier como Caprice
- Benjamin Memel Atchory
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ oscars.org (ed.). "The 49th Academy Awards (1977) Nominees and Winners". Consultado o 25 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Victoire en chantant na IMDb (en inglés).