Robert H. Grubbs: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
m engado a Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América mediante HotCat |
||
Liña 54: | Liña 54: | ||
[[Categoría:Nados en Kentucky]] |
[[Categoría:Nados en Kentucky]] |
||
[[Categoría:Nados en 1942]] |
[[Categoría:Nados en 1942]] |
||
[[Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América]] |
Revisión como estaba o 24 de setembro de 2018 ás 04:15
Robert H. Grubbs, nado en Possum Trot (Kentucky) o 27 de febreiro de 1942, é un químico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.
Traxectoria
Iniciou os seus estudos de Química na Universidade de Florida, continuounos na Universidade de Columbia (Nova York) e finalizounos na californiana de Stanford en 1969.
Pouco despois, entrou como profesor axudante na Universidade de Michigan, onde en 1973 foi promovido a profesor asociado, pero cinco anos máis tarde regresou a California para exercer como catedrático de Química no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), posto no que continúa na actualidade.
Investigacións científicas
As súas investigacións en química órgano-metálica e química orgánica acerca da catálisis así como na metátese dos alcenos proporcionáronlle unha sólida reputación internacional e innumerables recoñecementos, como o premio da Sociedade Americana de Química e a medalla Benjamin Franklin do ano 2000.
Xunto ao francés Yves Chauvin e o seu colega estadounidense Richard R. Schrock comparte o Nobel de Química 2005 polo seu traballo na área da metátese olefínica.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert H. Grubbs |
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2005 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2005 (en inglés)
- Perfil de Robert H. Grubbs en NNDB (en inglés)
Predecesor: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose |
Premio Nobel de Química 2005 con Yves Chauvin, Richard R. Schrock |
Sucesor: Roger D. Kornberg |