Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
guerra civil
ampliación
Liña 4: Liña 4:
}}
}}

'''Benigno Andrade García''', alcumado '''o Foucellas''', nado o [[22 de outubro]] do [[1908]] no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], no concello de [[Mesía]], e agarrotado o [[7 de agosto]] de [[1952]], na [[Prisión Provincial]] da [[A Coruña|Coruña]], foi un militante da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]]<ref name=":0">Máiz, Bernardo; ''op.cit.'' páx. 166</ref> e guerilleiro anti-franquista. Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido nos lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Oza-Cesuras]] nun enfrontamento coa Garda Civil. Tiña parella e era pai de dous fillos: Pepiña e Sergio.
'''Benigno Andrade García''', alcumado '''o Foucellas''', nado o [[22 de outubro]] do [[1908]] no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], no concello de [[Mesía]], e agarrotado o [[7 de agosto]] de [[1952]], na [[Prisión Provincial]] da [[A Coruña|Coruña]], foi un militante da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]]<ref name=":0">Máiz, Bernardo; ''op.cit.'' páx. 166</ref> e guerilleiro anti-franquista. Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Oza-Cesuras]] nun enfrontamento coa Garda Civil. Foucellas tiña dous irmáns. Estaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española. Tiveron dous fillos: Pepiña e Sergio.

Benigno Andrade é un dos nomes míticos do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|antifranquismo armado]] en [[Galicia]]<ref>Redondo Abal, F. X. (2006): ''Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965)''. Edicios do Castro, serie: Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /</ref>. Foi condeado a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de [[Francisco Franco|Franco]], [[Carmen Franco]]. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".

Liña 12: Liña 12:
Nacido no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], do que tomou o alcume, na parroquia de [[Cabrui, Mesía|Cabrui]], [[Mesía]]. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería<ref>http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular</ref> e na madereira Torres de [[Curtis]]. Máis tarde trasladouse a [[León, España|León]] para traballar nas minas de carbón de Fabero, [[Ponferrada]].

Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en [[Bodeus, Santa María de Lurdes, Curtis|Bodeus]], nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, [[Manuel Calvelo]], quen xunto coa súa muller [[Isabel Ríos]], dirixían a célula comunista de [[Curtis]], chamada ''Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis'', coa que simpatizaba Foucellas.
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en [[Bodeus, Santa María de Lurdes, Curtis|Bodeus]], nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, [[Manuel Calvelo]], quen xunto coa súa muller [[Isabel Ríos]], dirixían a célula comunista de [[Curtis]], chamada ''Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis'', coa que simpatizaba Foucellas. A súa irmá Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil.

Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a [[guerra civil]] enrolouse nunha columna que se dirixía á [[A Coruña|Coruña]], para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en [[Fisteus, Curtis|Fisteus]] e noutra de dinamita na [[estación de Teixeiro]] e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de [[difteria]] e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.

Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado|Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en [[Galicia]]. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a [[Estadio Municipal de Riazor|Riazor]] ver o [[Deportivo da Coruña|Deportivo]] vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. En [[1947]] parte para [[Pontevedra]], para organizar a Vª Agrupación<ref name=":0" />, da que foi o principal combatente. En outubro de [[1949]] escapa a unha emboscada da [[Garda Civil|Garda Civi]]<nowiki/>l tendida a [[Riqueche]], xefe do destacamento ''Cortizas''.
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado|Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en [[Galicia]]. En 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel Bello, en Curtis. Foucellas resulta ferido coa súa propia arma indo acabalo en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a [[Estadio Municipal de Riazor|Riazor]] ver o [[Deportivo da Coruña|Deportivo]] vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. En [[1947]] parte para [[Pontevedra]], para organizar a Vª Agrupación<ref name=":0" />, da que foi o principal combatente. En outubro de [[1949]] escapa a unha emboscada da [[Garda Civil|Garda Civi]]<nowiki/>l tendida a [[Riqueche]], xefe do destacamento ''Cortizas''.

A súa familia sufriu o acoso das autoridades. Cando morreu a súa muller, a súa filla tiña doce anos, e a súa tía -que se facía cargo dela- foron encadeadas logo de que se lle atopase unha carta de Foucellas. Pepiña colleu o tren en Curtis e foi soa a ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2008/10/23/galicia/1224757104_850215.html|xornal=El País|data=23 de outubro de 2008|lingua=es|título=Homenaje al mito guerrillero}}</ref>
A súa familia sufriu o acoso das autoridades. A súa muller e a súa tía foron encadeadas logo de que se lles atopase unha carta de Foucellas. Cando morreu a súa muller desterrada en [[Valladolid]], a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa a ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2008/10/23/galicia/1224757104_850215.html|xornal=El País|data=23 de outubro de 2008|lingua=es|título=Homenaje al mito guerrillero}}</ref> Con 16 anos trala morte da súa aboa exilouse en París.

[[Ficheiro:Fusil de Foucellas no Museo Militar da Coruña.jpg|miniatura|Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.]]
[[Ficheiro:Fusil de Foucellas no Museo Militar da Coruña.jpg|miniatura|Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.]]
Liña 30: Liña 30:
A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.

A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do [[Museo Militar da Coruña]], onde se expón o seu fusil.
A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do [[Museo Militar Rexional da Coruña]], onde se expón o seu fusil.

== Notas ==
== Notas ==
Liña 39: Liña 39:
|File:Homenaxe a Foucellas A Costa A Regueira Oza Cesuras A Coruña.jpg|Homenaxe a Foucellas na Costa.
|File:Homenaxe a Foucellas A Costa A Regueira Oza Cesuras A Coruña.jpg|Homenaxe a Foucellas na Costa.
|File:Museo das mariñas Betanzos.jpg|Cuartel da Garda Civil en Betanzos, actualmente Museo das Mariñas.
|File:Museo das mariñas Betanzos.jpg|Cuartel da Garda Civil en Betanzos, actualmente Museo das Mariñas.
|File:Célula Comunista de Curtis Foucellas.jpg|Casa de Manuel Calvelo e Isabel Ríos en Curtis.
}}
}}

Revisión como estaba o 24 de xullo de 2018 ás 21:48

Infotaula de personaBenigno Andrade García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1908 Editar o valor em Wikidata
As Foucellas, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de agosto de 1952 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Garrote Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónanarcosindicalista , mineiro , guerreiro , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Pérez Mellid
FillosPepiña (1936) e Sergio (1939)[1]

Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT[2] e guerilleiro anti-franquista. Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da Costa, en Oza-Cesuras nun enfrontamento coa Garda Civil. Foucellas tiña dous irmáns. Estaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española. Tiveron dous fillos: Pepiña e Sergio.

Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia[3]. Foi condeado a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de Franco, Carmen Franco. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".

Traxectoria

As Foucellas, Mesía.

Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería[4] e na madereira Torres de Curtis. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada.

Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en Bodeus, nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas. A súa irmá Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil.

Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a guerra civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.

Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. En 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel Bello, en Curtis. Foucellas resulta ferido coa súa propia arma indo acabalo en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, para organizar a Vª Agrupación[2], da que foi o principal combatente. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas.

A súa familia sufriu o acoso das autoridades. A súa muller e a súa tía foron encadeadas logo de que se lles atopase unha carta de Foucellas. Cando morreu a súa muller desterrada en Valladolid, a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa a ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.[5] Con 16 anos trala morte da súa aboa exilouse en París.

Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.

Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Vilar Arnoso, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar da Costa, en Oza dos Ríos, resultando mortos Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.

Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:

Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.
O Foucellas[6]

A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.

A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do Museo Militar Rexional da Coruña, onde se expón o seu fusil.

Notas

  1. "Memoria viva de Foucellas". 
  2. 2,0 2,1 Máiz, Bernardo; op.cit. páx. 166
  3. Redondo Abal, F. X. (2006): Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Edicios do Castro, serie: Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
  4. http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular
  5. "Homenaje al mito guerrillero". El País (en castelán). 23 de outubro de 2008. 
  6. Rivera Rey, Alberto. "Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos". Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Galería de Imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas