Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2001
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 26 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 4 de marzo de 2001 – 14 de outubro de 2001 |
Número de edición | 52 (2001) |
Competición | |
Campionato do Mundo de Construtores | Scuderia Ferrari |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Michael Schumacher |
Datos estatísticos | |
Carreires | 17 |
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2001 é o campionato anual número 52 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 17 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 4 de marzo, e rematou o 14 de outubro.
Resumo da tempada
[editar | editar a fonte]Michael Schumacher gañou o título de pilotos cunha marxe de 58 puntos, logo de lograr nove vitorias e cinco segundos postos e a Ferrari gañou o título de Construtores. A tempada marcou o restablecemento do control de tracción, a FIA permitiu a súa utilización a partir do Gran Premio de España. O control de tracción fora prohibido desde 1994.
Entran en Minardi Fernando Alonso e en Sauber Kimi Räikkönen, dous futuros campións do mundo forman parte da grella de saída por vez primeira na apertura da tempada en Melbourne. O colombiano e excampión da CART Juan Pablo Montoya tamén debutaba na F1 con Williams.
Houbo un novo comezo para as empresas francesas Renault e Michelin. Logo de catro anos fora do deporte, Renault volveu a fornecer motores o equipo Benetton, mentres que o regreso de Michelin como provedor de pneumáticos trouxo competencia a Bridgestone por primeira vez desde que Goodyear deixara o deporte ao final da tempada 1998.
Doutra banda, o deporte perdeu algúns personaxes memorables, ao final do ano. O bicampeón do mundo Mika Häkkinen anunciou a súa intención de tomarse un ano sabático, pero co tempo, como era de esperar, isto converteuse na retirada definitiva.
Tamén foi a última tempada de Jean Alesi, quen superou a marca de 200 carreiras pouco antes do seu último Gran Premio en Xapón.
Os equipos Prost e Benetton desaparecerían a finais de 2001, Prost debido á falta de financiamento, mentres que Benetton foi renombrado como Renault despois de que o fabricante francés comprara o equipo por completo.
O campionato foi gañado con facilidade por Michael Schumacher, quen terminou cunha colosal vantaxe de 58 puntos sobre David Coulthard que rematou no segundo lugar. Con todo, o equipo Ferrari non foi o único construtor capaz de marcar vitorias en 2001.
Os pilotos de Williams, Ralf Schumacher e Juan Pablo Montoya acadaron os seus primeiros triunfos da súa carreira neste no deporte, en San Marino e Italia, respectivamente. O máis novo dos Schumacher tamén acadou vitorias en Canadá e Alemaña, acadando o equipo catro vitorias en total. Logo de tres anos de estancamento, tratábase dun rendemento moito mellor do esperado para o equipo de Oxfordshire.
Doutra banda McLaren non gozou de tanto éxito como nos últimos tempos, pero aínda que pouco tamén acadaron catro catro vitorias. Estas foron compartidos por igual entre os seus pilotos; Häkkinen gañou en Reino Unido e Estados Unidos, Coulthard triunfou en Brasil e Austria.
Pero non foi suficiente para deter a Schumacher, con 123 puntos foi máis que suficiente para o seu cuarto campionato do mundo (equivalente aos logros da Alain Prost). Co compañeiro de equipo de Michael Schumacher, Rubens Barrichello, marcando 10 podios ao longo da tempada, Ferrari tamén gañou o Campionato de Construtores.
Pilotos e construtores
[editar | editar a fonte]Os seguintes equipos e pilotos competiron no Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 2001 da FIA.
† Todos os motores son de 3´0 litros e configuración V10.
Resultados e clasificacións
[editar | editar a fonte]Grandes Premios
[editar | editar a fonte]Pilotos
[editar | editar a fonte]
|
Negra – Pole |
Construtores
[editar | editar a fonte]Pos | Construtor | Coche nº |
AUS |
MAL |
BRA |
SMR |
ESP |
AUT |
MON |
CAN |
EUR |
FRA |
RU |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
USA |
XPN |
Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Ferrari | 1 | 1 | 1 | 2 | Ret | 1 | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | Ret | 1 | 1 | 4 | 2 | 1 | 179 |
2 | 3 | 2 | Ret | 3 | Ret | 3 | 2 | Ret | 5 | 3 | 3 | 2 | 2 | 5 | 2 | 15 | 5 | |||
2 | McLaren-Mercedes | 3 | Ret | 6 | Ret | 4 | 9 | Ret | Ret | 3 | 6 | NTS | 1 | Ret | 5 | 4 | Ret | 1 | 4 | 102 |
4 | 2 | 3 | 1 | 2 | 5 | 1 | 5 | Ret | 3 | 4 | Ret | Ret | 3 | 2 | Ret | 3 | 3 | |||
3 | Williams-BMW | 5 | Ret | 5 | Ret | 1 | Ret | Ret | Ret | 1 | 4 | 2 | Ret | 1 | 4 | 7 | 3 | Ret | 6 | 80 |
6 | Ret | Ret | Ret | Ret | 2 | Ret | Ret | Ret | 2 | Ret | 4 | Ret | 8 | Ret | 1 | Ret | 2 | |||
4 | Sauber-Petronas | 16 | 4 | Ret | 3 | 7 | 6 | 9 | Ret | Ret | Ret | 6 | 6 | Ret | 6 | Ret | 11 | 6 | 9 | 21 |
17 | 6 | Ret | Ret | Ret | 8 | 4 | 10 | 4 | 10 | 7 | 5 | Ret | 7 | Ret | 7 | Ret | Ret | |||
5 | Jordan-Honda | 11 | 5 | 4 | 11 | 6 | Ret | Ret | Ret | 7 | Ret | 8 | 7 | Ret | 10 | 6 | 8 | 7 | Ret | 19 |
12 | Ret | 8 | 5 | 5 | 4 | DSC | Ret | 11 | Ret | 5 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 4 | 8 | |||
6 | BAR-Honda | 9 | 7 | Ret | 4 | 8 | 7 | 5 | Ret | Ret | Ret | 9 | Ret | 7 | Ret | 11 | 9 | 11 | 13 | 17 |
10 | Ret | Ret | 7 | Ret | 3 | 8 | 4 | Ret | 9 | Ret | 8 | 3 | 9 | 8 | 6 | Ret | 10 | |||
7 | Benetton-Renault | 7 | 13 | Ret | 6 | Ret | 14 | Ret | Ret | Ret | 11 | 11 | 13 | 4 | Ret | 3 | 10 | 8 | 17 | 10 |
8 | 14 | 11 | 10 | 12 | 15 | Ret | 7 | Ret | 13 | 16 | 15 | 5 | Ret | Ret | Ret | 9 | 7 | |||
8 | Jaguar-Cosworth | 18 | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | 7 | 3 | Ret | 7 | Ret | 9 | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | Ret | 9 |
19 | 8 | 10 | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | 6 | 8 | 14 | 12 | Ret | 11 | Ret | 5 | 12 | Ret | |||
9 | Prost-Acer | 22 | 9 | 9 | 8 | 9 | 10 | 10 | 6 | 5 | 15 | 12 | 11 | 6 | Ret | 9 | Ret | 10 | 12 | 4 |
23 | Ret | 12 | Ret | Ret | 11 | 11 | Ret | 8 | 12 | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | 12 | 14 | Ret | |||
10 | Arrows-Asiatech | 14 | 11 | 7 | Ret | Ret | 12 | 6 | 8 | 10 | Ret | 13 | 10 | 9 | 12 | 10 | Ret | Ret | 14 | 1 |
15 | Ret | Ret | Ret | 10 | Ret | Ret | 9 | Ret | Ret | Ret | 14 | 8 | Ret | 12 | Ret | 13 | 15 | |||
11 | Minardi-European | 20 | Ret | 14 | 9 | Ret | 16 | Ret | Ret | 9 | Ret | 15 | NSC | Ret | Ret | 13 | Ret | Ret | 16 | 0 |
21 | 12 | 13 | Ret | Ret | 13 | Ret | Ret | Ret | 14 | 17 | 16 | 10 | Ret | Ret | 13 | Ret | 11 | |||
Pos | Construtor | Coche nº |
AUS |
MAL |
BRA |
SMR |
ESP |
AUT |
MON |
CAN |
EUR |
FRA |
RU |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
USA |
XPN |
Puntos |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2001 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- formula1.com – Clasificación oficial de pilotos de 2001
- formula1.com – Clasificación oficial de construtores de 2001
- 2001 Formula One Sporting Regulations Consultado en web.archive.org o 23 de xaneiro de 2009
- 2001 Formula One Technical Regulations Consultado en web.archive.org o 25 de xaneiro de 2009
- 2001 FIA Formula One World Championship for Drivers - Final Classification Consultado en web.archive.org o 25 de xaneiro de 2009
- 2001 FIA Formula One World Championship for Constructors - Final Classification Consultado en web.archive.org o 25 de xaneiro de 2009
- 2001 FIA Formula One World Championship images Consultado en www.f1-photo.com o 23 de xaneiro de 2009