Bloque Nacional Popular Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «BN-PG»)
Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG)
Coalición electoral en Galiza
Bloque Nacional Popular Galego.jpg
Dirixentes e organización
LíderLois Diéguez
Bautista Álvarez
Historia
Fundación1977
Disolución1982
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Soberanismo
Nacionalismo de esquerda
Adhesivo das eleccións de 1977.

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización coalición electoral constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Opúxose ao proceso autonómico e tiña como obxectivos a obtención da soberanía para Galiza.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Presentouse como agrupación de electores ás eleccións xerais de 1977 defendendo como programa as Bases constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal e de goberno provisorio galego redactadas en 1976 polo Consello de Forzas Políticas Galegas como alternativa nacionalista ao proceso autonómico. O BNPG obtivo 23.167 votos, un 2% do total, non conseguindo representación Congreso. Nas eleccións xerais de 1979 acadou os 63.747 votos, un 5.87% do total. Nas eleccións municipais de 1979 o BNPG presentou candidaturas en 164 concellos, obtendo 70.355 votos (7.18%) o que lle supuxo 258 concelleiros e 9 alcaldes. No referendo do Estatuto de 1980 solicitou o voto en contra. Nas eleccións autonómicas de 1981 formou unha coalición co Partido Socialista Galego, conseguindo, baixo as siglas BNPG-PSG, 61.870 votos (6,27%) e tres deputados no parlamento galego. Dous deles polo BNPG, Bautista Álvarez Domínguez e Lois Diéguez Vázquez, e un terceiro polo PSG, Claudio López Garrido. Porén, estes serán expulsados ao se negar a xurar a Constitución Española e o Estatuto de autonomía. Os conflitos internos, unidos aos malos resultados nas eleccións xerais de 1982, 38.615 votos (2.98%), provocaron a realización dunha asemblea en setembro dese ano que transformou o BNPG no Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Alternativa do Bloque Nacional Popular Galego, c. 1977. 
Cartel do BNPG anunciando a celebración do Día da Patria de 1977. 
Cartel para o Día da Patria, 1978. Deseño de Pepe Barro
Propaganda do BNPG pedindo o non no referendo do estatuto de autonomía, 1980. 
Cartel para o Día da Patria de 1981. 
Cartel pedindo o voto para a coalición BNPG-PSG, 1981. 
Cartel anunciando un magosto e unha palestra contra a entrada do Estado Español na OTAN, 1981. 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]