Consello de Forzas Políticas Galegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Consello de Forzas Políticas Galegas foi unha plataforma política creada en xaneiro de 1976.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi creada por iniciativa da Unión do Povo Galego e integrada ademais polo Partido Socialista Galego e o Partido Galego Social Demócrata, posteriormente uníronse o Partido Carlista de Galicia e o Movemento Comunista de Galicia, a entrada nesta última provocou a ruptura do CFPG, xa que o MCG negouse a que os seus membros saísen de Comisións Obreiras, como reacción a UPG e o PGSD deixaron o Consello en outubro de 1976, aínda que o asunto de fondo era a relación coas plataformas democráticas do estado que para a UPG e PGSD tiñan que ser puntuais e tácticas mentres os outros partidos pretendían unha conxunción estratéxica.[1]

Tiña un programa rupturista baseado nas Bases Constitucionais (abril de 1976) que recollía o dereito de autodeterminación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Santiago, 2003, páx. 62