Deputación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Deputación é en España desde 1836 a institución á que lle corresponde o goberno e a administración das provincias. Tras a proclamación da Constitución española de 1978 recollese no Título VIII baixo a epígrafe "A organización territorial do Estado". Non obstante, nas comunidades autónomas uniprovinciais as súas funcións asúmeas a comunidade autónoma.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O propio texto constitucional define tamén provincia como unha entidade local determinada pola agrupación de concellos e división territorial. Esta entidade local, segundo o propio texto, e ao igual cós concellos e comunidades autónomas, gozan de plena autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses. Para esta xestión dota á provincia de personalidade xurídica propia.

Na súa actividade debe garantir os principios de solidariedade e equilibrio entre os municipios que a integran, para o que deberá asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do seu territorio dos servizos de competencia municipal e a participación na coordinación entre a administración local coa da comunidade autónoma e a do estado.

Para o funcionamento da deputación, esta organízase en varios órganos de goberno. Todas as deputacións terán: un Presidente, os Vicepresidentes, a Xunta de Goberno e o Pleno. Existen outros órganos chamados complementarios co obxectivo de estudar, informar ou consultar os asuntos que serán sometidos a decisión plenaria. Neste apartado sitúanse as coñecidas como "comisións informativas".

Estas corporacións, ás que se lles atribúe o goberno e a administración provincial, nas illas (Comunidade Canaria e Balear) teñen o nome de cabidos ou consellos.

Galiza[editar | editar a fonte]

En Galiza, cada provincia conta coa súa respectiva deputación:


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.