Saltar ao contido

Partido del Trabajo de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Partido del Trabajo de España
Logotipo
 Instancia de
Características
 Ideoloxía política
Implicados
 Secretario/a
 Organización xuvenil
Datas
 Fundación / creación
febreiro de 1975 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1979 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Substituído por
Localización
 País
Códigos e identificadores
VIAF145082739 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0978yh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX132049
Wikidata C:Commons

O Partido del Trabajo de España (PTE) foi un partido maoísta español activo durante o tardofranquismo e a Transición. En febreiro de 2009, un grupo de exmilitantes refundou o partido.

O partido foi fundado en 1967 co nome de Partido Comunista de España (Internacional) como unha escisión do PSUC na cal se integraron outros pequenos grupos escindidos do PCE. En 1975 cambiou o seu nome e acordou adoptar unha estrutura federal e integrar a Junta Democrática de España, mais un pequeno número de militantes escindiuse e formou de novo o Partido Comunista de España (Internacional). O partido impulsou a fundación da Confederación de Sindicatos Unitarios de Traballadores (CSUT) como brazo sindical en 1976. As súas mocidades organizábanse na Joven Guardia Roja, ata 1973 denominadas Juventudes Universitarias Revolucionarias.[1]

En 1977, incorporouse o Partido Comunista de Unificación e como aínda non estaba legalizado para as eleccións xerais dese ano tivo que organizar coalicións con outros pequenos partidos da esquerda como o Frente Democrático de Izquierdas e a Coalició Electoral Esquerra de Catalunya con ERC que conseguiu 1 deputado.

En 1978 un sector da organización catalá do partido, o Partit del Treball de Catalunya, rompeu co PTE e formou un PTC independente que acabaría dando lugar ao Bloc Català de Treballadors. Nas eleccións de 1979 presentouse coas súas siglas, obtivo 200.000 votos pero ningún deputado. Nese ano fusionouse coa Organización Revolucionaria de los Trabajadores para formar o Partido de los Trabajadores de España que desapareceu ao ano seguinte.

  1. Laiz Castro, C. (2002). La izquierda radical en España durante la transición a la democracia. Universidad Complutense de Madrid, Servicio de Publicaciones.