Freetown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 8°29′4″N 13°14′4″W / 8.48444°N 13.23444°W / 8.48444; -13.23444

Freetown
Freetown.jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Freetown en Serra Leoa
Freetown
Freetown
País Flag of Sierra Leone.svg Serra Leoa
Rexión Western Area
Distrito Distrito Urbano de Western Area
Xeografía
Altitude 26 msnm
Superficie 357 km²
Poboación
Poboación 1.200.000 hab. (2010)
Densidade hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Franklyn Bode Gibson
Páxina web

Freetown é a cidade maior e a capital de Serra Leoa, con 820.000 habitantes estimados (2006), localizada na zona occidental do país, sobre a denominada península de Freetown, na costa do Océano Atlántico. Con as zonas suburbanas a poboación supera lixeiramente 1.000.000 habitantes.

Administrativamente Freetown é tamén capital da Área Occidiental e máis do Distrito Urbano da Área Occidental.

Historia[editar | editar a fonte]

A zona foi orixinariamente un punto de intercambio do comercio de escravos. Os primeiros asentamentos na zona foron creados no ano 1787 con uns 400 escravos liberados polos británicos, na denominada campaña de Serra Leoa. Poucos anos despois os aentamentos foromn incendiados polo nativos.

En 1792 fundouse Freetown e foi acrecentada a súa poboación con ex-escravos provenientes de Nova Escocia, que sobreviviran ao saqueo francés do 1794, de aí o seu nome de "Cidade Libre", que é o que significa o inglés Freetown. Os habitantes rebeláronse en 1800, mais os británicos retomaron o control e encamiñaron as enerxías para o expansionismo qu levou a posterior creación da Serra Leoa. Entre 1808 e 1874 a cidade tornouse na capital da África Occidental Británica. Expandíuse rapidamente mercé o asentamento de novas camadas de escravos libertados, aos que se uniron soldados africanos que combateran nos exércitos do Reino Unido durante as Guerras napoleónicas. Ao longo da Segunda Guerra Mundial os británicos mantiveron en Freetown unha base naval. Os crioulos descendentes dos antigos escravos liberados xogan un importante papel na cidade, aímda que constitúen hoxe unha minoría da poboación.

A cidade foi escenario de ásperos combates a fins dos anos 1990. No 1998 foi tomada polas tropas do ECOWAS ou Comunidade Económica dos Estados de África Occidental, que tentaron asediar o presidente Ahmad Tejan Kabbah, sendo posteriormente atacada, infrutuosamente, polos rebeldes da Fronte Revolucionaria Unida.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Freetown sitúase na punta noroeste da península homónima, entre o estuario do río Serra Leoa e o Océano Atlántico. Esta situación orixinou algunhas da mellores praias, pola súa area fina, da África Occidental. Na parte sur da península e no estuario fluvial medran manglares e zonas pantanosas, favorecidos pola elevada pluviosidade da zona.

Clima[editar | editar a fonte]

Como o resto da Serra Leoa, Freetown ten un clima tropical cunha soa estación chuviosa entre novembro e febreiro, que corresponde a clima de sabana; entanto os meses de maio a outubro, constitúen a estación seca. O comezo e o final da estación chuviosa está marcada por fortes tormentas.

Nos meses pluviosos, a cidade está sob a influencia do Harmattan, un vento que sopra desde o Sahara, e que favorece a cualificación destes meses como os máis frescos do ano.

As temperaturas oscilan entre 21 °C e 31 °C ao longo do ano, cunha media anual de 26,5 °C. As precipitacións anuais alcanzan os 5.000 mm, que converten a Freetown na cidade máis chuviosa da Terra. O grao de humidade ambiental media é de 85 %.

Economía[editar | editar a fonte]

Moitas das maiores empresas do país e a maioría das estranxeiras localizan as súas sedes en Freetown. A actividade da cidade vira en torno ao seu excelente porto, cualificado como o terceiro mellor porto natural do mundo, capaz para recibir as maiores embarcacións e de manexar as principais exportacións de Serra Leoa. A diversidade industrial da cidade asenta en empresas de alimentos e bebidas, manufacturado de peixe, muiñaxe de arroz, refinado de petróleo, corte de diamantes, elaboración de tabacos, fábricas de vestimentas, etc. Cidadáns de orixe libanesa xogan un importante papel no comercio local.

Para alén do porto marítimo, a cidade conta con o Aeroporto Internacional de Lungi.

Lugares de interese cultural[editar | editar a fonte]

Entre os principais edificios da cidade atopamos o Palacio de Xustiza , a "Porta dos Escravos" e a "Escalinata dos portugueses" na igrexa de San Xoán (construída arredor do 1820), a catedral de San Xurxo de rito maronita (completada en 1828), a Mezquita de Foulah Town (edificada na década de 1930) e a catedral do Sagrado Corazón, de rito católico. No Museo de Serra Leoa está exposta a "Pedra de Ruiter". Interesante é tamén o Museo do Ferrocarril, sito en Cline Town, con exemplares de extraordianarias locomotoras.

Ademais a cidade é a sede da Universidade de Serra Leoa.

Cidadáns salientes da cidade[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Freetown