Ramala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 31°54′18.03″N 35°12′16.18″E / 31.9050083°N 35.2044944°E / 31.9050083; 35.2044944

Ramala
رام الله Ramallah (en árabe)
2010-08 Ramallah 40.jpg
Vista de Ramala
Situación xeográfica
Ramala en Palestina
Ramala
Ramala
País Flag of Palestine.svg Palestina
Gobernación Gobernación de Ramala e al-Bireh
Xeografía
Altitude 830-880 msnm
Superficie 16,3 km²
Poboación
Poboación 27.092 (2007)
Información
Código postal
Alcalde Musa Hadid
Páxina web www.ramallah.ps

Ramala,[Cómpre referencia] tamén coñecida como Ramallah (en árabe: رام الله) Pronounciado Rāmallāh Ar-Ramallah.oga   componse de “Ram,” unha palabra aramea, que significa “lugar alto ou montaña” e “Allah”, palabra árabe para Deus.) (literalmente significa "Altura de Deus")[1] é unha cidade palestina no centro de Cisxordania, a 10 quilómetros ao norte de Xerusalén, xunto a Al-Bireh. Actualmente é a capital da Autoridade Nacional Palestina. Cunha poboación dunhas 300.000 persoas, incluíndo a poboación veciña de Al-Bireh,[2] Ramallah foi tradicionalmente unha cidade cristiá, pero hoxe en día a maioría da poboación é musulmá, os cristiáns son unha importante minoría.

Xeografía e clima[editar | editar a fonte]

Este lugar goza dun clima mediterráneo, cun verán seco e un inverno suave e chuvioso, con neves ocasionais. O promedio de precipitacións de Ramala é de 694 mm (precipitacións mínimas de 307 mm e máximas de 1591 mm).[3]

Economía[editar | editar a fonte]

Centro comercial Dunia, en construción en 2010
Sede central do Banco de Palestina en Ramala

Ramala é a capital da Autoridade Nacional Palestina e é a sede das ONG mais importantes e das embaixadas. Os centos de millóns de dólares de axuda internacional que flúen na cidade impulsaron a economía de Ramala, especialmente tralo fin da Segunda Intifada.[4]

En novembro de 2009, Tony Blair dixo ao New York Times que "hai máis esperanza para os palestinos do que moitos creen." [5]

O boom da construción en Ramala é un dos signos máis evidentes do crecemento económico de Cisxordania, estimado nunha taxa anual dun 8%. Isto atribuíuselle á relativa estabilidade e ás doazóns occidentais á Autoridade Nacional Palestina. A crecente economía de Ramala atrae a palestinos doutras partes de Cisxordania onde hai menos emprego. O casco urbano quintiplicouse dende o 2002.[6]

No ano 2010 Ramala converteuse no principal centro económico e político dos territorios baixo o control da Autoridade Nacional Palestina. Co boom da construción nos primeiros anos do século XXI construíronse apartamentos e hoteis de cinco estrelas, especialmente no barrio de Al-Masyoun. En 2010, "máis de cen empresas" palestinas trasladáronse a Ramala dende Xerusalén Leste, xa que “Aquí pagan menos impostos e teñen máis clientes.

ASAL technologies, unha compañía informática en Ramala, ten 120 empregados e está á espera dun "crecemento exponencial." [7]

Cultura[editar | editar a fonte]

Mausoleo de Yasser Arafat

Ramala está considerada a cidade palestina máis próspera e cultural, así como a máis liberal,[8][9] e é o fogar dunha serie de populares activistas palestinos, poetas, artistas e músicos. Ten unha animada vida nocturna, con moitos restaurantes, bares e discotecas.

Ten o único centro cultural de palestina, con salas de conferencias, de exposición ou cines. Organizouse aquí o primeiro festival de cine en Ramala, en 2004

Vestimenta palestina[editar | editar a fonte]

A vestimente palestina está influenciada polos diversos imperios que estiveron na zona, como Antigo Exipto, Antiga Roma, Imperio Bizantino, e Ayubí entre outros, encontráronse documentos no arte e na literatura con descripcións dos traxes producidos na época.

Ata 1940, as roupas tradicionais palestinas reflectían a situación económica e civil da muller e do seu lugar de orixe, segundo a tea, a cor ou os bordados.[10]

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Ramalah está irmandada con:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ramallah.ps". Ramallah.ps. http://www.ramallah.ps/etemplate.aspx?id=81. Consultado o November 13, 2011.
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome 2010_PCBS_Census
  3. www.scirp.org/journal/PaperDownload.aspx?paperID=1685|Rainfall Trends in the District of Ramallah and Al-Bireh, Palestine
  4. January 14, 2009 – (January 14, 2009). "West Bank and Gaza Economy: Before and After the Crisis – Brookings Institution". Brookings.edu. http://www.brookings.edu/interviews/2009/0114_west_bank_gaza_dhillon.aspx. Consultado o November 13, 2011.
  5. Bronner, Ethan (November 11, 2009). "Blair Hails Economic Steps in West Bank". The New York Times. http://www.nytimes.com/2009/11/11/world/middleeast/11westbank.html?_r=1.
  6. "Ramallah building boom symbolizes West Bank growth". Reuters. August 2, 2010. http://www.reuters.com/article/idUSTRE67129P20100802.
  7. West Bank’s Emerging Silicon Valley Evades Issues of Borders, New York Times
  8. Emails from the edge The Observer, January 16, 2005
  9. Hamas says it will use Islamic law as guide MSNBC, January 29, 2006
  10. Jane Waldron Grutz (January–February 1991). "Woven Legacy, Woven Language". Saudi Aramco World. http://www.saudiaramcoworld.com/issue/199101/woven.legacy.woven.language.htm.
  11. "Trondheims offisielle nettsted – Vennskapsbyer" (en Noruegués). Trondheim.com. http://www.trondheim.com/content.ap?thisId=93081934. Consultado o November 13, 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramala

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]