Luanda
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Luanda | |
|---|---|
| [[Ficheiro:|120px]] | [[Ficheiro:|140px|]] |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 6 msnm |
| Poboación | |
| Poboación total: | 4.799.432 hab. (2007) |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | |
Luanda (antigamente Loanda) é a capital e a máis grande cidade de Angola. Situada sobre a costa atlántica, Luanda é o principal porto do país. No 1995, a poboación, incluíndo os suburbios, estaba estimada en 3 millóns de habitantes. Luanda é igualmente a capital da provincia do mesmo nome.
Índice |
Demografía [editar]
Os habitantes de Luanda son principalmente de orixe étnica africana, coma as tribos Ovimbundu, Kimbundu ou Bakongo. A lingua oficial, que é igualmente a máis falada, é o portugués, aínda que varias linguas relacionadas co bantú sexan tamén usadas. Existe unha pequena minoría de habitantes de orixe europea.
Historia [editar]
A cidade foi fundada en 1575 polos portugueses baixo o nome de São Paulo de Luanda e foi o centro administrativo da colonia de Angola despois do 1627 (salvo do 1640 ao 1648). Despois dos anos 1550 ata cara a 1850, Luanda foi un centro importante do trafego de escravos cara ao Brasil.
Despois da independencia do país no 1975, a maior parte da poboación portuguesa da cidade partiu e foi substituída por numerosos cubanos, principalmente soldados.