Yaoundé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaYaoundé
Imaxe

Localización
Mapa
 3°51′28″N 11°31′05″L / 3.8578, 11.5181Coordenadas: 3°51′28″N 11°31′05″L / 3.8578, 11.5181
EstadoCamerún
Regiões (pt) TraducirCentro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.440.462 (2012) Editar o valor em Wikidata (13.558,12 hab./km²)
Xeografía
Superficie180 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude764 m Editar o valor em Wikidata
Creación1888 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Shenyang (2003–)
Edessa (pt) Traducir (2007–)
Udine (2008–) Editar o valor em Wikidata

Yaoundé [1][2][3][4][5] ou Iaundé,[6] alcumada a "cidade dos sete outeiros", é a capital do Camerún desde 1922. Poboada por 1.728.900 habitantes (2002), mais é tras Douala, a segunda cidade máis poboada do país. Tamén é a cabeza da provincia do Centro e máis do departamento du Mfoundi. Yaoundé acolle a maioría das institucións máis importantes do Camerún. Outro nome de Yaoundé é Ongola[Cómpre referencia].

Xeografía[editar | editar a fonte]

Xeografía física[editar | editar a fonte]

Yaoundé, situada no sur da provincia do Centro, érguese nun lugar de outeiros dominados polo monte Fébé, que culmina a 1.060 metros sobre o nivel do mar. Os seus diferentes barrios, diseminados de maneira caótica, deixan importantes espazos para a vexetación. A cidade está atravesada por pequenas correntes fluviais, entre os cales salientan os ríos Mfoundi, o Biyeme e máis o Mefou. Preto do centro administrativo de Yaoundé áchase o lago denominado lago Central.

Clima[editar | editar a fonte]

Yaoundé está sita a máis de 700 msnm, que adozan un pouco o clima tropical dominante. As temperaturas medias acadan os 23,3 °C de media anual. As precipitacións medias anuais atinxen os 1.617 mm. As estacións chuviosas corresponden aos meses de setembro-outubro e abril-maio.

Demografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Yaoundé esténdese sobre unha área de 304 km². Alberga unha poboación estimada en 2002 próxima aos 2.000.000 de habitantes, o que elevaba a súa densidade a uns 5.691 hab/km² (CIPRE, 2002).

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe e fundación[editar | editar a fonte]

O nome de Yaoundé procede, ao parecer, de "ongola" que significa "cerramento" ou "cerca", pois un dos primeiros resistentes á colonización, chamado Ombga Bissogo, díxolle a Essono Ela, que acollera os primeiros "brancos" en 1889, que non había que darlles terreo e que cumpría pechar os lindes da vila con axuda dunha cerca[7].

A capital foi resoltamente fundada o 30 de novembro de 1889 polo equipo Curt von Morgen de George Zenker e un tal Mebenga Mebono (logo chamado Martin Paul Samba), o seu guía. O primeiro nome de Yaoundé foi "Epsum", é dicir "casa Essomba", ou tamén "N’tsonum", "casa Essono Ela". Yaoundé foi desde a súa fundación un posto militar alemán nun dos outeiros (ewondo) da zona . Desenvolveuse grazas á actividade de comerciantes alemáns, que fixaron aquí a base para o comercio do marfil. Foi ocupada por tropas belgas, provenientes da colonia do Congo, durante a primeira guerra mundial, antes de que pasase a ser un protectorado francés.[Cómpre referencia] Medrou con abondo vagar, pero acelerouse desde 1957 co éxodo rural, que privilexiou á Douala, provocado pola crise do cacao e máis os disturbios internos que afectaron á mesma rexión de Douala.[Cómpre referencia]

As primeiras edificacións de Mvolyé datan de 1901 a 1907, mentres que o pazo de Charles Atangana de Efoulan foi construído entre 1904 e 1910, mais o edificio máis antigo da cidade está localizado detrás do ministerio de finanzas, preto do pequeno cemiterio alemán. Foi erguido polo maior Hans Dominik entre 1896 e 1899.[Cómpre referencia]

Administración[editar | editar a fonte]

O goberno, pola lei n° 87-15 de 15 de xullo de 1987, transformou Yaoundé nunha Comunidade Urbana (communauté urbaine) ou CUY. Co novo réxime administrativo suprimiuse a función de alcalde en proveito dun Delegado do goberno, nomeado pola presidencia camerunesa.

A lei constitucional do 18 de xaneiro de 1996 modificou o réxime de Comunidade Urbana, que segue dirixida por un delegado gobernamental, mais que creou 6 comunas urbanas de distrito dotadas de consellos municipais elixidos. Na actualidade Yaoundé ten sete comunas de distrito.

Economía[editar | editar a fonte]

Yaoundé é sobre todo unha cidade terciaria. Conta, porén, con industrias : cervexarías, serradoiros, carpinterías, tabacaleiras, papeleiras, e máis manufacturas mecánicas e de materiais de construción.

O centro comercial[editar | editar a fonte]

O núcleo comercial principal de Yaoundé áchase no centro da cidade , arredor da avenida Kennedy. Atópanse nel almacéns e hipermercados, tendas, bares e restaurantes, despachos de empresas e vendedores ambulantes. Estes últimos son o sector informal, moi importante na economía cidadá. Os bancos agrúpanse nas proximidades do Pazo do Concello.

Os mercados[editar | editar a fonte]

Yaoundé posúe varios mercados. Os máis vastos e máis coñecidos son: o Mokolo, o de Mfoundi e o central. Outros mercados son: o de Biyem-assi, Mendong, Nkol-Eton, Madagascar.

Universidades[editar | editar a fonte]

Yaoundé é a sede de dúas universidades públicas: a denominada Yaoundé I fica situada no barrio de Ngoa-Ekellé, mentres Yaoundé II érguese na Banlieue de Soa. Hai varias escolas superiores ligadas a estas universidades, como a Escola Nacional Superior Politécnica e a Escola Normal Superior (vinculadas á Universidade de Yaoundé I); o Instituto Internacional de Relacións Internacionais do Camerún, a Escola Superior de Ciencias e Técnicas da Información e da Comunicación (ESSTIC) (vinculadas á Universidade de Yaoundé II).

A ensinanza superior privada é importante en Yaoundé. Pódense citar en tal sentido a Universidade Católica da África Central, a Universidade de Yaoundé Sur ''Ndi Samba'' ou O Instituto Siantou Superior.

Transportes[editar | editar a fonte]

Autobuses en Yaoundé

Yaoundé está servida polo Aeroporto internacional de Yaoundé-Nsimalen. Dentro da cidade o medio de desprazamento público máis numeroso é o taxi, distinguibles pola súa cor amarela. Hai tamén liñas de buses que circulan polas principais rúas e avenidas da cidade.

Está atravesada polo ferrocarril, de xestión privada (o "transcamerounais") que liga Nkongsamba con Ngaoundéré, pasando por Douala. Diversas compañías de transporte privadas unen Yaoundé con outras provincias por medio de liñas de autobuses.

Turismo[editar | editar a fonte]

Lugares de interese ou monumentos:

  • O Museo Nacional, sito no centro da cidade.
  • O monumento á reunificación, nas proximidades do edificio da Asemblea Nacional.
  • O lago Central, no centro da cidade.
  • O monte Fébé.
  • O mercado de obras artesanais, situado no centro.
  • A edificación histórica da xefatura Ewondo, no barrio Efoulan.
  • O parque zoo-botánico de Mvog-Beti.
  • A catedral de Nosa Señora das Vitorias, no centro.
  • O santuario e a gruta mariana, no barrio Mvolyé.
  • O Centro Cultural Camerunés, no barrio Nlongkak.
  • O mercado Mokolo, de ambiente tropical africano.
  • O monumento en honra a Charles Atangana, no centro da cidade.
  • O Pazo Municipal (hôtel de ville) e os monumentos do arredor.
  • O Museo da Arte Camerunesa e o mosteiro beneditino do monte Fébé.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yaoundé". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 514. ISBN 84-7680-288-9. 
  2. A Diciopedia do século 21 non ten artigo de seu para esta cidade, mais no mapa do artigo Camerún (v. 1, p. 409) aparece: Yaoundé.
  3. "Yaoundé". Diccionario enciclopédico galego universal 60. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 96. ISBN 84-7680-429-6. 
  4. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). "Yaoundé". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. pp. 144 e 150 (D4). ISBN 978-84-8289-328-0. 
  5. "Atlas Mundial Galego Online". Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  6. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2. 
  7. Porén outra historia, di que cando chegaron os alemáns, os nativos estaban a cultivar aráquidas, e os teutóns preguntaron que era aquilo; os cameruneses contestaron "Mia wondo", mais os europeos, que non sentiron ben, denomináronos "yaundé". Como se pode imaxinar estas historias revisten todos os caracteres de etimoloxías populares, e carecen de valor filolóxico

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]