Mausoleo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a poboación de Francia, véxase Mausoléo.
Mausoleo

O mausoleo é un edificio externo construído como un monumento que inclúe o espazo de enterro ou a cámara de enterro dunha ou varias persoa defuntas. Ó mausoleo funerario baleiro erixido en honra dunha persoa, ou grupo de persoas, para os que se desexa gardar un recordo especial chamase cenotafio. Os mausoleos cristians algunhas veces teñen tamén unha capela. Unha tumba pode ser considerada un mausoleo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Etimoloxicamente provén do latín: Mausolēum, sepulcro de Mausolo, rei de Caria, quen se fixo construír o famoso Mausoleo de Halicarnaso, unha das chamadas Sete Marabillas do Mundo. Mausolo era un dos príncipes máis ricos e poderosos do seu tempo; á súa morte foi tan chorado pola súa esposa Artemisa II que esta, para enaltecer a memoria do seu amado, mandou construír en Halicarnaso un magnífico sepulcro, cuxo esplendor eclipsaba todo o que neste xénero se viu ata entón. Medía 400 pés de circunferencia, 140 de altura e contiña no seu recinto 36 columnas. A pirámide que coroaba o monumento tiña por remate un carro de mármore tirado por catro cabalos.

Moitos soados escultores, Timoteo, Escopas e Leocares, entre outros, enriquecérono con estatuas e baixorrelevos. Desde entón o nome de Mausoleo foi aplicado a todos os monumentos fúnebres levantados en honra dun príncipe ou outro personaxe notable.

Mausoleos famosos[editar | editar a fonte]

O Taj Mahal, en Agra, India, é o mausoleo máis famoso e fotografado do mundo.

Existen algúns mausoleos no mundo tales como, entre outros:

  • A capela Colleoni, unha capela/mausoleo na cidade italiana de Bérgamo.
  • Taj Mahal, ordenado construír polo emperador mogol Sha Jahan co fin de servir de sepultura onde gardar os restos mortais da súa esposa Mumtaz Mahal na India. Foi comezado a construír en 1632 e tardouse máis de 20 anos en acabalo. Foi unha das marabillas do mundo e é unha das máis fermosas, ademais de ser unha das máis grandes.
Anıtkabir, o mausoleo de Kemal Atatürk, en Ankara, Turquía

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]