Libreville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libreville
[[Ficheiro:|120px]] [[Ficheiro:|140px|]]
Situación xeográfica
Gabun-karte-politisch.png
Estado: Gabón Gabón
Rexión:
Provincia: Estuaire
Distrito:
Xeografía
Altitude: 0 msnm
Poboación
Poboación total: 578.156 hab. (2005)
Información
Código postal:
Alcalde: Jean-François Ntoutoume Emane
Sitio na web: Páxina oficial

Libreville é a capital do Gabón e o principal centro urbano do país. A súa poboación calculábase nuns 578.156 habitantes (2005). E tamén a capital do distrito do Estuaire.

A cidade é un porto á beira do río Gabón, na súa desembocadura no Golfo de Guinea.

Índice

Clima [editar]

O clima de Libreville é de tipo ecuatorial. A temperatura media anual é de 26º C (a oscilación das maiores está entre 26 e 30º C, mentres as máis baixas móvense entre os 22 e os 24 °C), e as precipitación alcanzan os 2.509,5 mm como media. A temporada seca comeza en maio e finda en setembro. O mes máis chuvioso é novembro con 373,4 mm, e o máis seco xullo cun 2,5 mm, como media.

Historia [editar]

Foi fundada no ano 1843 como posto avanzado comercial nunha zona área naquela altura próxima dos Mpongwè. Os escravos liberados eran enviados á nacente cidade, polo que en 1848 a foi nomeada Libreville (en francés cidade libre).

Entre 1934 e 1946 foi o porto principal da África Ecuatorial Francesa.

Economía [editar]

Libreville é un dos máis importantes centros do comercio de madeira (okumé especialmente) da África central. A zona industrial e portuaria atópase na periferia sur da cidade, no concello de Owendo. Acolle infraestruturas para minerais, portuarias e industriais. O porto de minerais exporta a produción de manganeso do Alto-Ogooué (Haut-Ogooué), que chegan a través do ferrocarril do Transgabonais. Para alén dos servicios centrais do Estado, a capital gabonesa agrupa numerosas actividades terciarias. En Mont-Bouët áchase o maior mercado do país con centenares de tendas de venda ao detall. Hai aínda dous grandes hipermercados, un denominado Mbolo ("bo día" nalgunhas linguas indíxenas) e o xigante Ceca.

Institucións educativas [editar]

A Universidade Omar Bongo é o centro educativo superior máis importante do país. Libreville é tamén a sede da Escola de Administración e da Escola de Leis do Gabón.

Comunicacións [editar]

Nas súas proximidades sitúase o Aeroporto internacional de Libreville, que acolle a sede da compañía aérea do país: Air Gabon.