Banjul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banjul
Mapa
Gambia divisions named.png
Información
País Flag of The Gambia.svg Gambia
Distrito Distrito de Banjul
Superficie 12 km2
Poboación 34.125 habs (2007)
Densidade 2.843,7 h/km²
Alcalde
Gambia Banjul 0032.jpg
Climograma de Banjul

Banjul (a antiga Bathurst) é a capital de Gambia. Ten unha poboación de 34.125 habitantes (2007), aínda que coas zonas periféricas sobrepasa o medio millón (523.589 habitantes en 2003). Está situada sobre a illa de Banjul (antes illa de Saint Mary), no lugar onde río Gambia desauga no Océano Atlántico.

Índice

Xeografía [editar]

Banjul está localizada sobre unha illa areosa construída, ao longo do tempo, polos depósitos arrastrados polo río Gambia até a súa foz. A vexetación maior, espontánea, está constituída por baobabs e bambús.

O clima da cidade é de subtropical, con só unha estación chuviosa anual; as temperaturas son cálidas e estábeis ao longo de todo o ano. As medias mensuais non baixan dos 25 °C. O seu cálido clima durante todo o ano é debido ao Deserto do Sahara. O mes máis frío é agosto e o máis cálido é marzo.

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Media anual
Media de máximas (°C) 31 32 34 33 32 32 30 29 31 32 32 31 31,5
Media de mínimas (°C) 15 16 17 18 19 23 23 23 23 22 18 16 19,4

Historia [editar]

No 1816, os británicos fundaron Banjul como un posto commercial e como base para suprimir o comercio de escravos. O 18 de febreiro de 1965, a cidade converteuse en capital do país trala declaración de independencia da República de Gambia. Foi chamada Bathurst in honra de Henry Bathurst, secretario do Despacho Colonial. En 1973 o nome foi africanizado como Banjul, que en mandé significa "illa dos bambús".

O 22 de xullo de 1994, Banjul foi escenario dun golpe de Estado militar no que o Presidente Dawda Jawara foi derrocado, e mudado polo aínda actual Presidente do país, Yahya Jammeh.

Economía [editar]

Banjul é a principal área urbana de Gambia, á par que é o centro económico e administrativo da nación. O traballo dos cacahuetes é a principal industria do país, e xunto con cera de abellas, madeira, aceite de palmeira e coiros, son os principais produtos que son exportados polo porto da capital.

Lugares de interese [editar]

  • Museo Nacional (National Museum), en Gloucester Street, expón coleccións sobre o período colonial e a historia recente de Gambia.
  • Mercado de Albert.
  • Casa Estatal
  • Casa da Xustiza
  • Dúas catedrais e varias mesquitas.
  • Arco 22, construído como un portal de entrada á cidade. O arco é de 35 metros de altura e o centro dunha praza.

Cidadáns notábeis [editar]

Cidades irmandadas [editar]


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: