Bamaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 12°39′N 8°0′W / 12.650°N 8.000°W / 12.650; -8.000

Bamaco
View over Bamako - 20th February 2005.jpg
Vista de Bamaco.
Situación xeográfica
Bamaco en Malí
Bamaco
Bamaco
País Flag of Mali.svg Malí
Rexión Distrito de Bamaco
Xeografía
Altitude 350 msnm
Superficie 252 km²
Poboación
Poboación 1 809 106 hab. (2009)
Densidade hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Adama Sangaré
Páxina web mairiebamako.africa-web.org

Bamaco[Cómpre referencia] (Bamako en francés e Bamakɔ en bambara) é a capital de Malí. Localízase no suroeste do país, na ribeira do río Níxer, a cidade é o centro administrativo e comercial e con 953 600 (2004) é a cidade máis grande de Malí. Ten a categoría de distrito, estando dentro do estado ao mesmo nivel que as rexións e divídese en seis concellos. Bamaco é a capital do único distrito do país. Concentra o 70% da produción industrial total do estado.[1] As principais producións son as manufacturas, como os téxtiles, a carne, os metais e a pesca. Ademais, o sector terciario está moi estendido, sobre todo o artesanado e o comercio. É sede das grandes empresas nacionais e da Administración do estado.

Historia[editar | editar a fonte]

A área onde se asenta Bamaco está habitada dende o paleolítico, segundo a tradición fundárona os xefes bambaras Seribadian Niaré e Soumba Coulibaly no século XVII, a cidade foi un importante centro comercial e de estudo islámico, posteriormente decaeu e a fins do XIX apenas tiña 800 habitantes. En 1883 os franceses ocuparon Bamaco e en 1908 convértese na capital do Sudán francés e ao obter Malí a independencia en 1960, Bamaco convértese na súa capital.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Bamaco nunha curva do río Níxer, rodeada de montes. Esténdese por unha superficie de 267km². Ten unha poboación de 1 690 471 habitantes (2006) e un porto fluvial importante sobre o río Níxer. É relativamente chan excepto ao norte, onde hai unha escarpa, formada por un antigo volcán.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Unha liña de ferrocarril une Bamaco con Dakar, no Senegal, pasando por Kati, Négala, Kita e Kayes. Outra forma de comunicarse coa cidade é o propio río Níxer. Ademais, existen camiños asfaltados que comunican a capital de Malí coas principais cidades das distintas rexións do país. O proxecto da Estrada Transaheliana vai facer pasar por Bamaco o vial procedente de Dakar para logo dirixirse cara Burkina Faso, Níxer, Nixeria e o Chad. Por vía aérea, o Aeroporto Internacional de Bamaco-Sénou conecta a cidade con múltiples destinos africanos, ademais de con París, a onde voan as compañías Aigle Azur, Air France e Air Mali.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica[2]
Ano Poboación
1900 10 000
1926 15 600
1936 22 000
1938 24 900
1946 70 500
1950 101 100
1954 120 000
1960 182 000
1970 387 700
1976 419 200
1987 658 300
1995 913 000
1998 1 016 300

O crecemento demográfico de Bamaco é moi acusado nos últimos anos, pasando dos 2 500 habitantes en 1884, 8 000 en 1908, a máis de 160 000 en 1960, durante a época da independencia, até chegar a unha poboación de máis de 1 600 000 habitantes actualmente. Bamaco é a sexta cidade do mundo cunha proxección de crecemento poboacional máis grande, prevista para o ano 2020.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Censo industrial realizado no 2006, comunicación do Consello de Ministros do 20 de decembro de 2006.
  2. Fonte:POPULATION STATISTICS
    Jan Lahmeyer (2002). "MALI historical demographical data of the urban centers" (en inglés). http://www.populstat.info/Africa/malit.htm. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
  3. city mayors statistics. "The world’s fastest growing cities and urban areas from 2006 to 2020" (en inglés). http://www.citymayors.com/statistics/urban_growth1.html. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bamaco