Nairobi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nairobi
[[Ficheiro:|120px]] Flag of Nairobi.svg
Situación xeográfica
Kenya sm02.png
Estado: Flag of Kenya.svg Quenia
Rexión:
Provincia: Nairobi
Xeografía
Altitude: 1.661 msnm
Superficie: 696 km²
Poboación
Poboación total: 3.138.295 hab. (2009)
Densidade de poboación: 4.509 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde: Geoffrey Majiwa
Sitio na web: Páxina oficial


Nairobi é a capital e a maior cidade de Quenia.

Fundada en 1899 arrebatoulle a capitalidade a Mombasa en 1905. Nairobi é tamén a capital da Provincia de Nairobi e do distrito de Nairobi. Está situada nas beiras do río Nairobi, na parte meridional do país e a unha altitude de 1.661 m sobre o nivel do mar.

Nairobi é a cidade máis populosa da África Oriental, cunha poboación estimada de entre 3 e 4 millóns. Segundo o censo de 1999, vivían na área administrativa de Nairobi, 2.143.254 habitantes, nunha superficie de 684 km². En 2002, Nairobi ocupaba o posto 12ª entre as maiores cidades de África.

[editar] Historia breve

Nairobi foi fundada en 1899 arredor dun depósito de aprovisionamento da Uganda Railway (Ferrocarrís de Uganda) no camiño de ferro que se estaba a construír entre Mombasa, na costa, e Uganda. A comezos do século XX foi reedificada por enteiro logo dunha epidemia de peste e o incendio do asentamento orixinario. Desde entón seguíu a medrar, converténdose na capital da África Oriental británica en 1905, e, máis tarde, en 1963, será tamén a capital de Quenia ao alcanzar esta a independencia.

A escolla de Nairobi como capital, derivou da que a súa altitude, por enriba dos 1.500 m, facía o lugar menos vulnerable á malaria. A capitalidade converteuse nun dos factores do crecemento; o segundo foi o turismo, pois a cidade erao no centro desde onde se organizaban expedicións de cacería. E 1919, Nairobi converteuse nun municipio. Entre 1920 e 1950, o número de moradores brancos na cidade pasou de 9.000 a 80.000. Porén aumentaron tamén os roces entre os novos asentados e os antigos poboadores. Nairobi acadou o estatus de cidade en 1954.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas