Kampala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kampala
[[Ficheiro:[[Ficheiro:|140px|]]|130px]] [[Ficheiro:[[Ficheiro:|120px]]|90px]]
Situación xeográfica
Kampala District Uganda.png
País Flag of Uganda.svg Uganda
Rexión Central
Distrito Kampala
Xeografía
Altitude 1.189 msnm
Superficie 195 km²
Poboación
Poboación 1.208.544 hab. (2002)
Densidade hab/km²
Información
Código postal
Alcalde John Ssebaana Kizito
Páxina web Kampala Central Division

Kampala é a capital de Uganda, en África Central e cunha poboación de 1.208.544 habitantes, segundo o censo de 2002, é a maior aglomeración urbana do país. Está situada no distrito homónimo, a unha altura de 1.189 metros sobre o nivel do mar. A cidade goza dun clima amornado pola súa altitude, a pesar da súa proximidade ao ecuador terrestre.

As súas actividades económicas máis destacables son a industria, en especial a mobiliaria e a maquinaria, así como a exportación de produtos agrícolas como café, algodón, e azucre.

Existe un aeroporto internacional en Entebbe, a uns 35 quilómetros de distancia, así como un porto sobre a beira do Lago Vitoria a 10 quilómetros, Port Bell.

No sector de Makarere Hill pode acharse o campus principal da Universidade de Makarere, un dos principais centros de estudos superiores de África central e oriental. Kampala é tamén a sede do Banco de Desenvolvemento do África Oriental.

De acordo coa enquisa do bienio 2004-05 realizada polo Ministerio de Saúde, Kampala posúe o maior índice de infección por VIH. O 9´2% dos adultos áchase infectado, taxa que se dispara ao 47% en canto aos traballadores sexuais refírese.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

Antes da chegada dos británicos, o Kabaka ou rei de Buganda elixira a zona que se convertería en Kampala como un dos seus refuxios de caza. A zona está formada de outeiros onduladas e exuberantes zonas húmidas. É unha zona de cría ideal para varios antílopes -particularmente o impala. Cando os británicos chegaron á zona chamárona os Outeiros dos Impala (Hills of the Impala en inglés).

A lingua dos baganda, o luganda, adoptou moitas palabras do inglés debido á interacción dos seus falantes cos británicos. Desta forma, os baganda traduciron "os Outeiros dos Impala" como Kasozi ka Empala -"Kasozi" significa "outeiro", "ka" significa "de" e "empala" significa "impala". Ao falar en lugandés, as palabras ka e empala pronúncianse xuntas, como unha soa palabra, Kaampala. Pronto, cando o kabaka ía cazar os baganda dicían Kabaka agenze e "ka Empala", que significa, "O kabaka foi a Ka'mpala". O nome Kampala pronto foi adoptado.

Historia[editar | editar a fonte]

Kampala expandiuse ao redor dun forte construído por Frederick Lugard en 1890 para a Compañía Británica do África Oriental. En 1962, Kampala substituíu a Entebbe como capital nacional. Gran parte da cidade foi destruída en 1979 tras o derrocamento do goberno ditatorial de Idi Amin e a subseguinte guerra civil.

Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

As Tumbas dos reis de Buganda en Kasubi, se situan no outeiro de Kasubi da capital, foron incluídas no Patrimonio da Humanidade da Unesco no ano 2001.