Accra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
'Accra en inglés- é a capital de Gana, e conta cunha poboación de 1.661.400 (2001) e cerca de 2,9 millóns na área metropolitana. Está situada na costa do Golfo da Guiné. É a maior cidade do país e o seu centro administrativo, de comunicacións e econômico. As industrias principais son as de alimentos, madeira, téxtil, roupas e produtos químicos.
A súa orixe remonta a un forte portugués que aqui existiu entre 1557 e 1578. Acra desenvolveuse en torno de fortes británicos e holandeses construídos no século XVII, e baixo a súa protección estableceuse a etnia Ga. En 1877, Acra pasou a ser capital da Costa do Ouro británica. Após a conclusión dun ferrocarril para o interior mineiro e agrícola, Accra tornouse o centro económico de Gana.
Accra é sede do museo nacional, a Academia de Artes e Ciencias de Gana, da Universidade de Gana, e da biblioteca central. Tamén digno de nota é o Forte de Christiansborg, construído por dinamarqueses no século XVII. Nos suburbios de Gana fica a Achimota School, a principal escola secundaria do país. A Comisión de Defensa da Organización da Unidade Africana (OUA - actual UA, Unión Africana) ten a sua sede en Accra.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |