Conakry
| Conakry | |
|---|---|
| [[Ficheiro:|120px]] | [[Ficheiro:|140px|]] |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.931.184 hab. (2008) |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | |
Conakry, ás veces transcrito como Conacri, é a capital e a cidade máis importante da República de Guinea. Situada na illa de Tombo, na costa do Océano Atlántico, é o maior núcleo urbano de Guinea e o centro administrativo, económico e de comunicacións. A súa poboación, en 2005, era de 1.871.185 habitantes. A economía da cidade desenvóvese, especialmente, arredor do seu porto, que está dotado de modernas instalacións para o tráfico de mercadorías e a almacenaxe, e polo cal se exportan aluminio e bananas. Ten crecente importancia a industria alimentar e a do automóbil.
A cidade é coñecida polos seus xardíns botánicos.
Índice |
[editar] Xeografía
Inicialmente Conakry naceu na pequena illa de Tombo, no sur da costa atlántica do país, pero o seu medramento fixo que a cidade se estendese pola península de Kaloum, unha estreita língua duns 36 km de lonxitude e unha anchura que oscila entre 0´2 e 0´6 km., e mesmo acabase por ocupar terras no continente. En Tombo radica a cidade vella, pero o centro da cidade está na actualidade na península. As coordenadas xeográficas son 9º 30' 33" N e 13º 42' 44" O.
O clima da cidade é tropical, cunha estación chuviosa e outra seca.
[editar] Breve Historia
Conakry foi creada oficialmente en 1887, cando os colonizadores franceses reuniron a aglomeración de catro aldeas: Conakry, Boulbinet, Krutown e Tombo. Conakry tornoues capital da colonia das « Rivières du Sud » (Ríos do Sur) en 1889, que mudou seu nome como Guinea Francesa (Guinée-Française) en 1891. A apertura dun ferrocarril (actualmente clausurado), que a unía com Kankan, no interior do país, favoreceu a exportación das colleitas de cacahuetes ou amendoíns, fomentando o medramento da cidade. Con todo a súa poboación era só de arredor de 50.000 habistantes en 1958. O boom ocorreu logo da independencia, de xeito que en 1968 superaba xa ben os 500.000 moradores. A expansión posterior, até os cerca de 2.000.000 de habitantes actuais (2008), fixo que a cidade desbordase os seuns límites insulares e se espalalse pola cercana península de Kaloum.
[editar] Centros universitarios
Desde 1963 a cidade conta con a "Universidade Gamal Abdel Nasser" de tipo público. En 1999 foi creada a "Universidade Kofi Annan", de carácter privado.