Jamestown, Santa Helena
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jamestown é a capital e a única cidade de Santa Helena. Ten unha poboación de arredor de 800 persoas.
Historia e localización [editar]
Foi fundada en 1659 pola Compañía das Indias Orientais. Está rodeada por desfiladeiros escarpados. A cidade está caracterizada pola presenza de edificacións de estilo gregoriano e pola súa zona portuaria, que se conserva case en estado orixinal. O lugar máis prominente da cidade é Jacob's Ladder, unha escaleira de man con 699 chanzos construída en 1829, que conecta Jamestown coa guarnición en Ladder Hill, aínda usada na actualidade.