San Tomé, San Tomé e Príncipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 0°20′10″N 6°40′53″E / 0.33611°N 6.68139°E / 0.33611; 6.68139

San Tomé, San Tomé e Príncipe
São Tomé (en portugués)
Bandeira São Tomé.PNG S.Tomé.PNG
Sao tome palace.jpg
Palacio de San Tomé
Situación xeográfica
San Tomé en San Tomé e Príncipe
San Tomé
San Tomé
País Flag of Sao Tome and Principe.svg San Tomé e Príncipe
Provincia San Tomé
Distrito Água Grande
Xeografía
Altitude 137 msnm
Superficie 17 km²
Poboación
Poboación 56.166 hab. (2005)
Densidade 180 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

San Tomé (en escrita portuguesa São Tomé) é o nome á vez da illa principal de São Tomé e Príncipe, e da capital do país, que ao tempo é a cidade maior da nación con 56.166 habitantes, consonte datos de 2005.

Xeografía[editar | editar a fonte]

San Tomé está situada a 0º 20' 10" N e a 6º 4o' 53" L. Localízase na baía de Ana Chaves, no noroeste da illa homónima. Está unida por varias estradas a outras localidades da illa, aínda que a vía de comunicacións principal é a autovía que percorre o perímetro da illa.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada polos portugueses en 1485, desenvolvéndose arredor da catedral erguida no século XVI. O forte de São Sebastião, construído en 1575, de innegábel interese histórico, está hoxe convertido nun museo. A partir de 1493, os portugueses deportaran para a illa os xudeos renuentes do seu territorio inérico. No ano 1599, San Tomé e o arquipélago foron tomados polos holandeses durante un par de díasla città. En 1641, os holandese volveron, mais esta vez ficaron durante un ano. Outras edificacións salientes da cidade son o Pazo Presidencial e máis a Igrexa dos Pescadores.

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

San Tomé posúe os equipamentos a destacar seguintes:

  • 2 mercados,
  • 1 hospital,
  • 1 aeroporto,
  • 1 emisora de radio e televisión

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade ten tamén porto marítimo, mais o feble calado das súas augas impide que buques de certa tonelaxe poidan fondear nel, polo que existe un sistema de barcazas para cargar os contedores en augas máis profundas. Para remediar esta falla, existe o proxecto de construír un porto en augas máis fondas. O porto é así mesmo destacábel polas súas actividades pesqueiras, especialmente de espadarte e merlín; a liña captúranse sobre todo peixes voadores.

O tratamento de cacao, bananas e copra, das plantacións da illa e a súa exportación é outra das actividades da cidade. Posúe tamén industrias lixeiras e de bebidas e alimentos.

Galería[editar | editar a fonte]