Abuja
| Mapa | |
|---|---|
| Información | |
| País | |
| Estado | Territorio da Capital Federal |
| Superficie | 713 km2 |
| Poboación | 1.400.000 (estimación 2007) |
| Densidade | h/km² |
| Alcalde | |
Abuja é a capital do estado federal africano de Nixeria, que substituíu a antiga capital, Lagos, oficialmente desde 1992. A súa poboación en 2005 era de 182.418 habitantes, mais a súa área metropolitana estímase que se achega a 1.500.000 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
A cidade de Abuja está situada no centro xeográfico do país, ao norte da confluencia dos ríos Nixer e Benue, a uns 480 km ao nordeste de Lagos, a anterior capital. O seu territorio confina con os estados de Níxer polo oeste; Kaduna polo nordeste, Plateau polo leste e o polo sur; e con Kogi polo suroeste.
Historia [editar]
En 1976 acordouse trasladar a capital federal desde Lagos, para o que se escolleu un territorio no centro do país. Abuja converteuse na nova capital no 1982, mais o recoñecemento oficial non tivo efectividade oficial até o 1992. A cidade está no centro do denominado Territorio da Capital Federal (TEC). Administrativamente está dividido en seis distritos: Central, Abaji, Gwagwalada, Kuye, Bwari e Kwali.
Monumentos [editar]
A cidade foi construída no asentamento dun pequeno núcleo urbano anterior. A nova capital foi proxectada polo arquitecto xaponés Kenzo Tange e os seus colaboradores, que actuaron a través da empresa Kenzo Tange & Urtec. As obras comezaron en 1976 e continúan na actualidade, con fases alternas de inactividade, a causa de escasez de medios de finanzamento.
Economía [editar]
Desde un punto de vista económico ha cidade carece de actividades salientes, pois é sobre todo unha urbe administrativa. É a sede da Universidade de Abuja fundada en 1988.
Transportes [editar]
- O Aeroporto de Abuja é o segundo do país polo seu movemento aéreo.