Malabo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malabo
[[Ficheiro:|120px]] [[Ficheiro:|140px|]]
Situación xeográfica
Equatorial Guinea-CIA WFB Map.png
Estado: Guinea Ecuatorial Guinea Ecuatorial
Rexión: Insular
Provincia: Bioko Norte
Distrito: Malabo
Xeografía
Altitude: 0 msnm
Poboación
Poboación total: 96.000 hab. (2007)
Información
Código postal:
Alcalde: María Coloma Edjang
Sitio na web: www.ayuntamientodemalabo.com/
Vista aérea de Malabo

Malabo é a capital de Guinea Ecuatorial. Está situada na costa setentrional da illa de Bioko (antes chamada de Fernando Póo).

Índice

Nomes[editar]

A cidade de Malabo ten tido diversas denominacións ao longo do tempo :

  • de 1827 a 1846 : Port Clarence ou Clarence City (nomeamento inglés) ;
  • de 1846 a 1973 : Santa Isabel (denominación española) ;
  • desde 1973: Malabo (nome ecuato-guineano).

Poboación[editar]

Residían 60.064 habitantes consonte o último censo de 1994, mais na actualidade cóidase que a poboación supera os 100.000.

Historia[editar]

Malabo foi fundado polos británicos en 1827 con o nome de Port Clarence (tamén dita Clarence City). A cidade foi utilizada como base para loitaren contra o tráfico de escravos. Parte dos liberados foron asentados na illa antes de que os británicos creasen Serra Leoa como colonia para escravos liberados. Os descendentes destes libertos mesturáronse con a poboación autóctona da illa, orixinando a etnia bubi que usa un falar crioulo afro-anglo-español.

En 1829, a localidade contaba cuns 700 habitantes, do cales un centenar eran europeos. Cando a illa pasou a control español, foi rebautizada como Santa Isabel.

Un ano despois da independencia, en 1969, a cidade pasou a ser a capital do país, en lugar de Bata, antiga capital colonial e sita no territorio continental.

En 1973, o entón presidente ecuato-guineano Francisco Macías Nguema deulle novo nome á cidade: Malabo, en honra dun rei que tería vivido antes da colonización (e cuxa existencia real debe ser tomada con precaución), dentro do marco da súa campaña a prol da africanización dos topónimos do nacente país.

Durante o "período do terror" de Nguema, a represión contra a etnia bubi alcanzou o seu grao máximo. Mesmo decidiu daquela desprazar unha parte da poboación da súa propia etnia, os fangs, para Malabo, a fin de tornar os bubis minoritarios.[Cómpre referencia]

Nos derradeiros anos da presidencia de Macías Nguema, un terzo da poboación do país foi eliminada. As elites de Malabo víronse obrigadas a ver exiliarse os seus membros.[Cómpre referencia]

Urbanismo[editar]

As edificacións notábeis de Malabo son a catedral e a sede do tribunal (Corte).

A cidade posúe un aeroporto internacional.