Bissau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bissau
Blason gw Bissau.svg Bandeira Bissau.PNG
Situación xeográfica
Mapa da Guinea Bisau, en vermello o sector autónomo de Bissau
Estado: Flag of Guinea-Bissau.svg Guinea-Bissau
Rexión:
Subrexión:
Distrito:
Xeografía
Altitude: msnm
Superficie: 77 km²
Poboación
Poboación total: 407.424 hab. (2007)
Densidade de poboación: 13.704´1 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web:


Ambiente urbano en Bissau

Bissau é a maior cidade e e capital da Guinea-Bissau. É tamén a capital do sector autónomo de Bissau. Posúe unha poboación estimada en 197.610 habitantes (datos de 1991) e unha área de 77 km².

[editar] Localización e características

A cidade localízase no estuario do Río Geba, na costa atlántica africana. É a maior cidade do país, co maior porto, así como centro administrativo e militar da rexión. Cacahuete, madeira, coco, aceite de palmeira e caucho son os produtos principais en Bissau. Fundada en 1678 polos portugueses, tornou un porto fortificado e centro de comercio. En 1942 converteuse en capital da Guinea Portuguesa, pero foi substituída por Madina do Boé entre 1973-1974.

[editar] Lugares e eventos de interese

A cidade é coñecida polo seu entroido anual. Outras atraccións inclúen a Fortaleza d'Amura, que contén o mausoleo de Amílcar Cabral, líder nacionalista que axudou a fundar o Partido Africano pola Independencia da Guinea e Cabo Verde (PAIGC), o Memorial Pidjiguiti polos pescadores mortos na folga das Docas o 3 de agosto de 1959 e varias praias de grande beleza. Varios dos seus edificios foron arruinados durante a guerra civil, incluíndo o Palacio Presidencial e o Centro de Cultura Francesa.

O aeroporto que serve Bissau é o Aeroporto Internacional Osvaldo Vieira.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas