Abidjan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°19′N 4°2′W / 5.317°N 4.033°W / 5.317; -4.033

Abidjan
AbidjanLogo.png AbidjanLogo.svg
Abidjan Montage - 1.jpg
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Abidjan en Costa de Marfil
Abidjan
Abidjan
País Costa do Marfil Costa do Marfil
Rexión Lagunes
Xeografía
Altitude 18 msnm
Superficie 2.119 km²
Poboación
Poboación 4.476.397 hab. (2012)
Densidade 2.100 hab/km²
Xentilicio Abiyanés
Información
Código postal
Alcalde Beugré Robert Mambe
Páxina web Páxina oficial de Abidjan

Abidjan, capital do departamento do mesmo nome, é a cidade principal de Costa do Marfil, e foi a capital do país entre 1934 e 1983). En 2003 tiña 3.000.000 de habitantes.

Situada na lagoa de Ébrie, a carón do Golfo de Guiné é un importante porto marítimo. A principal industria é a agroalimentaria, tamén destaca a de compoñentes para automóbiles, a téxtil, a química e o xabrón e a refinería de petróleo.

Aínda que a capital é Yamoussoukro, a maioría dos ministerios e embaixadas están aínda en Abidjan, o mesmo que a Biblioteca e o Museo nacional.

A zona oriental da Lagoa Ebrié, a carón do Golfo de Guinea, foi o primeiro lugar da colonización francesa en Costa de Marfil que, en 1893, estableceu en Grand-Bassam (na costa, uns 30km ó sueste de Abidjan) a primeira capital. Por razóns de salubridade trasladouse o aparato administrativo en 1899 a unha nova capital, Bingerville (fundada ao norte da lagoa e a uns 10km ao leste de Abidjan, parte hoxe en día da súa aglomeración), en territorio dos tchaman (ou djemian) de Adjamé.

Comezos[editar | editar a fonte]

Pronto a península chá ao sur da aldea Adjamé (despois o distrito de Plateau), onde estaba a aldea de pescadores de Abidjan, converteuse no mellor lugar, por espazo e situación, para o incipiente comercio da colonia e de feito en 1904, aínda non rematada Bingerville, era xa o seu principal centro económico. A construción do ferrocarril Abidjan-Nixer (RAN) que chegaría ata o peirao de Petit Bassam (na costa, hoxe Port Bouet, e que competiría co de Grand-Bassam), deu o primeiro pulo a poboación de Abidján (1.400h en 1912, 5.370 en 1920).

Capital da colonia[editar | editar a fonte]

En 1920 xa decidírase facer de Abidjan a capital da colonia o que non ocorreu oficialmente ata 1934 despois de construír as infraestruturas necesarias: barrio administrativo ao suroeste de Plateau e o comercial ao sueste [1]; ponte de unión coa illa de Petit Bassam (Anoumabo, despois distrito de Treichville con novos peiraos); ao norte, separándoa da vila indíxena de Adjamé, os cuarteis militares e a xendarmería [2]. De seguida Abidjan vai case que triplicar a súa poboación (co abandono de moitas aldeas tchaman) pasando de 17.000h en 1934 a 46.000h en 1945.

Canal de Vridi[editar | editar a fonte]

Dende 1908-12 houbera tentativas de abrires a lagoa ao océano nas proximidades de Petit Bassam que non foron completadas. Retomouse o proxecto en 1935 pero non puido levarse adiante ata despois da Segunda Guerra Mundial en 1951. A apertura do Canal de Vridi supuxo o desenvolvemento definitivo de Abidjan coma porto (na ribeira oeste de Treichville [3]), centro comercial e industrial e finalmente administrativo de Costa de Marfil (independencia en 1960), cun forte crecemento poboacional baseado na inmigración dende o interior rural do país (65.000h en 1950, 125.000 en 1955, 180.000 en 1960, 254.000 en 1963) [4].

Metrópole e inseguridade[editar | editar a fonte]

En 1983 a capitalidade política e administrativa trasladouse a Yamusukro (localidade natal do presidente da época). Dende entón, aínda que continúa a seres o centro de feito da nación en tódolos sensos, tense producido un deterioro progresivo da calidade de vida de Abidján ao tempo que convertíase nunha metrópole de cinco millóns de habitantes, cunha inmigración do rural que non deixa de afluír e asentarse en numerosos poboados de infravivenda (1.200.000h en 1978, 3.125.000 en 1998) [5]. A situación agravouse dende 1999 co desastre político e económico de Costa de Marfil que ten levado a unha das cidades máis agradables e desenvolvidas de África a converterse nunha das máis inseguras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vista aérea de Plateau cara ao sueste nos cincuenta [1]
  2. Planta de Abidjan en 1935 [2]
  3. Vista virtual da futura ampliación do Porto de Abidjan (protestada polos ecoloxistas; o Canal de Vridi embaixo) [3]
  4. Mapa da Abidjan contemporánea cos diferentes distritos [4]
  5. Mapa da aglomeración urbana de Abidjan [5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abidjan

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]