Monrovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monrovia
[[Ficheiro:|120px]] [[Ficheiro:|140px|]]
Situación xeográfica
Li-map.png
Estado: Flag of Liberia.svg Liberia
Rexión:
Subrexión:
Distrito:
Xeografía
Altitude: msnm
Poboación
Poboación total: 1.010.970 hab. (2008)
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web:

Monrovia é a capital e a cidade principal de Liberia. Situada na costa do Atlántico, no ano 2003 tiña 572.000 habitantes.

A cidade foi denominada así en homaxe ao presidente nortamericano James Monroe, que gobernaba na altura na que libertos negros foron asentados no litoral africano occidental.

Índice

Historia [editar]

Gravado do enclave colonial de Cabo Mesurado, orixe da actual Monrovia

A área de Monrovia xa estaba habitada cando os portugueses a chamaron Cabo Mesurado, en 1560, mais a cidade no se fundou até o mes de abril do ano 1822, cando a illa de Providence (actualmente unida ao centro urbano por unha ponte) foi ocupada pola Sociedade Americana de Colonización (American Colonization Society), como refuxio para escravos liberados nos Estados Unidos e máis nas Indias Occidentais británicas, imitando o que xa fixeran os ingleses en Freetown a finais do século anterior. Inicialmente foi denominada Christopolis, mais en 1824 pasou a ser designada Monrovia na honra do entón presidente dos EUA, James Monroe.

A cidade ficou severamente danada durante a Guerra Civil liberiana. As batallas importantes libráronse entre as forzas gubernamentais de Samuel Doe e as dos rebeldes de Prince Johnson no ano 1990 e máis durante o asalto do Parlamento no 1992. A consecuencia da guerra, hai en Monrovia unha grande cantidade de rapaces e mozos abandonados.

A cidade [editar]

Monrovia está situada nunha península entre o Océano Atlántico e o río Mesurado; ao norte desemboca o río Saint Paul. É a urbe máis grande de Liberia, da que é o centro administrativo, económico, comercial e financeiro. A economía urbana gravita arredor do seu porto, que durante a Segunda Guerra Mundial foi ampliado substancialmente polas forzas dos Estados Unidos.

A través do porto se exporta mineral de ferro e látex producidos no país; as súas instalacións comprenden tamén estaleiros. As industrias principais da cidade son cementeiras, refinamento de petróleo, alimentarias, materiais de construción (ladrillos, azulexos), mobiliario e produtos químicos.

Lugares de interese [editar]

Os principais sitios de interese son o Museo Nacional de Liberia, o Templo Masònico (actualmente en ruínas), o mercado de Waterside, o Centro Cultural e un bon número de praias. A cidade ten tamén un zoolóxico e un dos estadios deportivos máis grandes de África, con capacidade para acoller 40.000 persoas. É a sede da Universidade de Liberia e do Cuttington College and Divinity School.

Rúa de Monrovia, co hotel Old Ducor ao fondo

Comunicación [editar]

Monrovia está conectada por mar con Greenville e Harper, cidades liberianas. O aeroporto máis cercano, o Aeroporto Internacional Roberts, situado a 60 km da cidade, en Robertsfield.

6°19′0″N 10°48′0″W / 6.316667°N 10.8°W / 6.316667; -10.8

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: