Maputo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 25°58′S 32°35′E / 25.967°S 32.583°E / -25.967; 32.583

Maputo
Flag of Maputo.png
Maputo seen from southeast - October 2006.jpg
Vista aérea da cidade
Situación xeográfica
Maputo en Mozambique
Maputo
Maputo
País Flag of Mozambique.svg Mozambique
Rexión
Xeografía
Altitude 47 msnm
Superficie 346,77 km²
Poboación
Poboación 1.766.184 hab. (2005)
Densidade 5.100 hab/km²
Información
Código postal 1100
Alcalde David Simango
Páxina web www.cmmaputo.gov.mz

Maputo é a capital e a maior cidade de Mozambique. Localizase no sur do país, nas marxes do Índico. Limita, ao Norte co Distrito de Marracuene; ao Noroeste e Oeste co município da Matola e mais co Distrito de Boane, e ao Sur co Distrito de Matutuíne. Ten cerca de 1.744 mil habitantes na súa área metropolitana. Foi fundada no final do século XVIII e designouse Lourenço Marques ata 1975. Ademais destas dúas designacións, a cidade e maila súa área tamén foron coñecidas por outros nomes, tales como Baía da Lagoa, Xilunguíne ou Chilunguíne (Terra dos brancos), Mafumo, Camfumo ou Campfumo , Delagoa e Delagoa Bay, sendo esta a designación máis internacionalmente coñecida polo menos ata aos primeiros anos do século 20.

Historia[editar | editar a fonte]

Postal da Avenida Central de Lourenço Marques arredor de 1905.

Os primeiros habitantes coñecidos da Baía da Lagoa ou de Maputo, desde hai máis de mil anos, foron os Khoisan (tamén coñecidos por bosquímanos, hotentotes ou san). Hai polo menos setecentos anos chegaron do Norte os Rongas (o pobo do Sol Nacente), o primeiro pobo Bantú dos moitos fluxos migratorios dos Grandes Lagos que se seguirían.

Considérase que os primeiros europeos en visitaren a Baía de Lourenço Marques foron os navegadores portugueses dun navio comandado por Luís Fernandes en 1502 (logo de seguir á primeira viaxe de Vasco da Gama). Tamén, a baía xa é referenciada no mapa de Cantino, no 1502 e era entón coñecida por Baía da Lagoa. O seu recoñecemento só foi efectuado no 1544 por un escuro comerciante portugues, Lourenço Marques, cuxo nome foi máis tarde dado á baía e á cidade.

A primeira estrutura física portuguesa no lugar foi un presidio fundado en 1782 por unha forza militar provinte da Illa de Mozambique mandada por Xoaquín de Araúxo. O presidio era entón rodeado por varios estados africanos, particularmente os reinos Mpfumo, Matsolo e Tembe.

En 1781, o rei Mpfumo xa prestara "vasalaxe" aos portugueses.

O presidio ou forte foi totalmente destruído por piratas franceses en 1796 e reconstruído en 1799.

A primeira ocupación civil portuguesa ocorreu en 1826 coa fixación dalgúns colonos. Lourenço Marques foi elevada a vila e o seu município criado no 1875, para despois ser elevada a cidade en 1887. A cidade tornouse cada vez máis prominente na administración da colonia, ata que a capital foi finalmente transferida da Illa de Mozambique a Lourenço Marques en 1898.

Divisón administrativa[editar | editar a fonte]

Localización de Maputo en Mozambique.
Maputo na actualidade.

A cidade constituíu administrativamente un municipio e tamén, desde 1980, unha provincia, Maputo (Cidade). O municipio ten unha área de 300 km² e unha poboación de 966.837 (censo de 1997). Maputo está dividida en 7 distritos, a saber:

  • Distrito Urbano Nº1
  • Distrito Urbano Nº2
  • Distrito Urbano Nº3
  • Distrito Urbano Nº4
  • Disrtito Urbano Nº5
  • Distrito Municipal da Illa da Iñaca
  • Distrito Municipal da Catembe

A autarquia de Maputo é dirixida por un Consello Municipal e presidida por un Presidente do Consello Municipal. O actual presidente é Eneas Comiche, elixido nas eleccións autárquicas de decembro do 2003 cos seguintes resultados:

Candidato Partido Votos %
Eneas Comiche Frelimo 96.035 75,88
Artur Vilankulos Renamo 15.289 12,08
Philipe Gagnaux XPC
(Xuntos pola Cidade)
12.695 10,03
Carlos Jeque IPADE
(Instituto para a Paz e Democracia)
2.543 2,01
Pedro Loforte Independente 1.223 0,97
Nulos 1.617
Brancos 1.105
Total 130.507

A provincia Maputo (Cidade) é dirixida, como as outras provincias, por un gobernador. En febreiro do 2005 foi nomeada Rosa Manuel da Silvao a primeira gobernadora desta provincia (o cargo estivo vacante ata esa altura).

A cidade non debe ser confundida coa provincia de Maputo que ocupa a parte máis meridional do territorio mozambicano, exceptuando a cidade de Maputo.