Niamey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNiamey
Ɲamay (mis)
Yamai (ha)
ⵏⵉⴰⵎⵢ (mis) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 13°30′54″N 2°07′03″L / 13.515, 2.1175Coordenadas: 13°30′54″N 2°07′03″L / 13.515, 2.1175
EstadoNíxer Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Niamey I (en) Traducir
Niamey II (en) Traducir
Niamey III (en) Traducir
Niamey IV (en) Traducir
Niamey V (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.026.848 (2012) Editar o valor em Wikidata (4.291,05 hab./km²)
Lingua usadaLíngua tawellemmet (pt) Traducir
Língua gourmanchema (pt) Traducir
Língua zarma (pt) Traducir
Lingua hausa
Lingua fula
Linguas tuaregs Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie239.300.000 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Níxer Editar o valor em Wikidata
Altitude207 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoBarry Bibata Niandou (en) Traducir (2003–2004) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2NE-8 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Niamey é unha cidade africana, capital e cidade máis poboada do Níxer. Está situada sobre as marxes do río Níxer, no extremo oeste do país. En 2011 tiña 1 302 910 habitantes, cunha taxa de acrecentamento anual do 4,8 %. Desde o 24 de novembro de 1988 forma unha comunidade urbana, formada por 5 comunas.

Historia[editar | editar a fonte]

O barrio Mouray-Kwaratagui é o centro histórico de Niamey. A rexión de Niamey está habitada desde hai moito tempo por poboación voltaicas como os Gourmantches. Porén os fundadores da cidade de Niamey, parece que foron Maouris, vindos de Matankanri a fins do século XIX. Instaláronse sobre unha illa chamada Neni Goungou, en fronte do actual Niamey, antes de acabar por asentarse na beira esquerda do Níxer, dise que ao pé dunha árbore de cuxo nome sairía o da cidade: Niame, de Nia, o nome da árbore e me en zarma, que significa "río" ou ben "onde mana a auga".

A aldea de Niamey estaba habitada apenas por arredor de 600 persoas en 1901, cando chegou até alí a misión Lenfant. Niamey era por entón a cabeza da zona de Djerma que comprendía as rexións entre o río e Dallol Bosso. Niamey converteuse en capital do Níxer o 28 de decembro de 1926.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Abrangue unha superficie de 255 km², ocupando dúas mesetas que dominan o río Níxer, a 218 m de altitude.

O clima é de tipo subtropical saheliano, cunha pluviosidade que varía de 500 a 750 mm, segundo ano. Para combater a desertificación e máis as frecuentes tempestades de area que ameazan a cidade, arrastrada polo harmattan, un vento procedente do Norte, a municipalidade dispuxo, na década de 1960, un cinto de árbores de 2.500 ha (25 km de longo, nunha banda de 1 km de ancho). Porén, dado o éxodo rural e a urbanización crecente con bidonvilles (favelas), esta barreira non cesa de se reducir.

Niamey sobre o río Níxer

Economía[editar | editar a fonte]

Niamey acolle a maioría das industrias do país. É tamén o principal polo comercial do Níxer. Durante os derradeiros cinco anos exportáronse desde a cidade arredor de 200.000 toneladas de cobre e unha cantidade similar de ouro.

Cultura[editar | editar a fonte]

En Niamey está o Musée nationale du Niger (Museo Nacional do Níxer).

Relixión[editar | editar a fonte]

Un 80 % da poboación do Níxer é musulmá, estando en Niamey a maior mesquita do país. A cidade é sede ademais dun bispado católico.