Kigali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 1°56′38″S 30°3′34″E / 1.94389°S 30.05944°E / -1.94389; 30.05944

Kigali
Downtown Kigali and papyrus marsh October 2012.JPG
Vista da cidade
Situación xeográfica
Kigali en Ruanda
Kigali
Kigali
País Flag of Rwanda.svg Ruanda
Provincia Porvincia de Kigali
Xeografía
Altitude 1.567 msnm
Superficie 730 km²
Poboación
Poboación 1.135.428 hab. (2012)
Densidade 1.600 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Fidele Ndayisaba
Páxina web Páxina oficial de Kigali

Kigali é a capital e a cidade máis poboada da república africana de Ruanda. Ademais é a capital da provincia homónima. Está situada no centro do país, do que é o núcleo cultural e económico. A súa poboación, consonte estimacións do ano 2005, calculábase que sobrepasaba os 850.000 habitantes.

Todos os despachos oficiais estatais, incluída a sede da Presidencia e do Goberno e máis todos os Ministerios teñen a súa residencia na cidade. Kigali é aínda a capital da rexión de Kigali City, que foi acrecentada no mes de xaneiro de 2006, dentro dun plano de reorganización de Ruanda.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada no 1907 durante o dominio colonial alemán, a cidade só atinxíu o grado de capital de Ruanda só con ocasión da independencia do país, obtida en 1962. Nos tempos do reino mwami a capital estaba localizada en Nyanza, entanto na época colonial tiña a súa sede en Butare, localidade hoxe denominada Astrida. Na época da independencia de Ruanda, pensouse nun primeiro momento en escoller de novo Butare como capital, mais tamén en Kigali, que tiña a vantaxe de se atopar xeograficamente no centro do país: desde aquela a cidade acabou por tornarse o principal centro de Ruanda e acabou por ser a capital de facto.

A partir do 7 de abril de 1994, Kigali foi un dos escenarios do terríbel xenocidio causado pola rivalidade secular entre Hutu e Tutsi, na que terminaron mortos centos de miles de persoas. Logo da guerra civil comezou unha reorganización da cidade dentro do proxecto de pacificación do país.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Kigali áchase nun altiplano cheo de outeiros con alturas variábeis de entre 1.433 e 1.645 metros. Os edificios administrativos soen situarse nas abas e cimas, entanto as edificacións de vivendas soen localizarse nos vales. O pico máis alto da cidade é o monte Kigali, con 1850 m.s.n.m.. As coordenadas da cidade son 1º 56' 38" S e 30º 03' 34" L.

Clima[editar | editar a fonte]

Pola súa situación o clima que lle correspondería debería ser ecuatorial, porén está suavizado pola altura e máis pola influencia do monzón que procede do leste, do Océano Índico. As precipitacións medias non chegan aos 1.000 mm, distribuíndose as chuvias durante unha longa estación chuviosa que se estende entre setembro e maio. A temperatura media anual é de algo máis de 20º C.

Climodiagrama de Kigali

Economía[editar | editar a fonte]

Nas cercanías da cidade extráese estaño e tungsteno. Como a economía ruandesa está a atravesar unha época de medra, na cidade estanse a levantar novos e numerosos edificios. Con todo no territorio urbano, e a consecuencia da guerra civil pasada están presentes moitas ONG.

Transportes[editar | editar a fonte]

Kigali posúe un aeroporto internacional, con vóos diarios até Nairobi, e menos frecuentes para Addis Abeba e Johannesburgo. Semanalmente hai un vóo para Amsterdam. Dentro do país só hai comunicación aérea con Cyangugu, no extremo suroeste.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kigali

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]