Mogadixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 2°2′N 45°21′E / 2.033°N 45.350°E / 2.033; 45.350

Mogadixo
Muqdisho (en somalí)
مقديشو Maqadīshū (en árabe)
Mogacapital.jpg
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Mogadixo en Somalia
Mogadixo
Mogadixo
País Flag of Somalia.svg Somalia
Rexión Banadir
Xeografía
Altitude 9 msnm
Superficie 1.657 km²
Poboación
Poboación 1.353.000 hab. (2009)
Densidade 817 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Hassan Mohamed Hussein Mungab
Páxina web sitio da cidade
Mogadixo
Mogadixo

Mogadixo (en somalí Muqdisho) è a capital de Somalia, estado da África Oriental sito no denominado Corno de África. É a maior cidade do país cunha poboación de 2.450.000 habitantes (2002).

Topónimo[editar | editar a fonte]

A orixe do nome oficial Muqdisho non è clara; afírmase que pode ser a versión somalí do árabe maqad shah ou sexa "trono imperial do xah".

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes da colonización europea[editar | editar a fonte]

Mogadixo foi colonizada polos árabes no século X, o que incrementou o desenvolvemento económico do territorio, que se estendeu un século despois na cidade swahili sobre as costas de África Oriental.

Segundo certa tradición Mahoma tería indicado a Ill, pai de Sab e de Samáli (do que descenderían os somalís), que partisen e se estabelecesen no lugar dito despois "Amàr Gegèb", é dicer o "país destruído".

En 1330 a cidade foi visitada polo viaxeiro marroquino Ibn Battuta, quen a descrebeu como unha vasta e florecente cidade, importante centro de produción e comercio de tecidos.

Excavacións arqueolóxicas recobraron moedas chinesas das dinastías Song, Ming e Qing, numerario cingalés e da rexión vietnamita do Annam: a cidadeestado da civilización swahili importaba cerámica árabe, porcelana chinesa e tecidos indios, entanto exportaba madeira, marfín, conchas, escravos e máis ferro. O historiador Ross E. Dunn describe Mogadixo e outras cidades musulmanas da África Oriental como "unha especie de América medieval, unha terra fértil e ben irrigada, de oportunidades económicas e unha terra a salvo da seca, carestía, sobrepoboación e guerras internas".

No século XVI Mogadixo foi conquistada polos portugueses, para tres séculos despois ser ocupada en 1871 polo sultán de Zanzíbar.

En 1892 a cidade foi cedida a Italia, que non tomou pose dela definitivamente até 1905.

O territorio de Somalia foi controlado polos italianos desde 1910 en adiante até a intervención das forzas británicas, presentes en Kenya, durante a Segunda Guerra Mundial. Entre 1941 e 1950 os británicos ocuparon a cidade, até que os italianos volveron como administradores do protectorado somalí en nome da ONU (Administración Fiduciaria Italiana de Somalia, AFIS).

Independencia somalí e ditadura[editar | editar a fonte]

No ano 1960 Somalia atinxíu a independencia, mais de contado o país caíu baixo a ditadura de Siad Barre, que durou até 1990. Neste ano, os rebeldes se apoderaron da cidade, obrigando a Barre a dimitir e fuxir para Lagos (Nixeria) no 1991. Foron nomeados dous presidentes, a Universidade Nacional Somalí foi pechada e a urbe caíu presa dos Señores da guerra, que sementaron durante anos a morte e a destrución, danando moitas partes da cidade (mentres unha carestía, debida á forte seca, devastaba a Somalia rural).

O 9 de decembro de 1992 aconteceu a primeira intervención americana e das Nacións Unidas nun intento de instaurar un goberno de transición. Grupos somalís fieis a Mohamed Farrah Aidid (un dos presidentes eleitos polos rebeldes) mataron 23 paquistanís durante unha emboscada contra os cascos azúis. En outubro de 1993 a denominada batalla de Mogadixo perderon a vida entre 500 e 1.000 Somalís (militares e civís), 18 militares estadounidenses e un un maliano. Os feridos foron millares. En 1994, Bill Clinton retirou o exército norteamericano.

En xuño de 1995 Mohamed Farrah Aidid autoproclamouse presidente, mais morreu un ano despois a consecuencia das feridas que lle causou unha acción da guerrilla local.

De 2000 a 2006[editar | editar a fonte]

En outubro 2004 o Parlamento somalí de transición elixíu como presidente a Abdullahi Yusuf. As votacións tiveron lugar en Nairobi (Quenia), a causa da caótica situación de Mogadixo. O goberno, recoñecido por grande parte das nacións occidentais, apesar da súa feble autoridade, non logrou asentarse na capital somalí, axitada por continuas guerrilas, sobre todo na parte norte da cidade, de xeito que tivo que trasladarse a Baidoa, a 245 km ao noroeste de Mogadixo).

En xuño de 2006, logo de catro meses de asedio, as milicias dos Consellos Islámicos conseguiron expulsar da cidade os Señores da guerra, da que se adonaran por anos. Os Consellos Islámicos introduciron as leis islámicas (xaria) na cidade, restituíndo unha certa orde e autorizando a reapertura, despois de 17 anos, do porto e do aeroporto, ademais de eliminar os postos de blocaos das estradas.

Entre decembro de 2006 e xaneiro de 2007, logo da intervención militar de etíopes e estadounidenses, o goberno provisorio de Ali Mohammed Gedi tornou a entrar en Mogadixo.

De 2007 a actualidade: a traxedia "humanitaria"[editar | editar a fonte]

Vista aérea do porto de Mogadixo.

A poboación de Mogadixo atopara paz e seguranza con os Consellos Islámicos, a custa da liberdade e do fanatismo relixioso. A seguranza semellaba momentaneamente garantida polas tropas etíopes, mais en poucas semanas a situación na cidade empeorou novamente. A intervención etíope de feito favoreceu o retorno dos Señores da guerra que oprimiran os cidadáns durante os anos anteriores. Os milicianos dos Consellos Islámicos continuan a combater e a resistir contra a volta do exército de transición e das tropas etíopes.

En marzo de 2007, a pesar da reentrada oficial do goberno de Baidoa e a chegada á cidade dos cascos verdes ugandeses (polo demais con graves dificultades), a situación na cidade empeorou como non sucedía desde había 15 anos, con pesados bombardeamentos terrestres e aéreos.

No mes de maio de 2007 foi nomeado alcalde Mohamed Omar Habeb Dhere, un dos Señores da guerra máis influentes da zona.

A fins de xullo de 2007, o leve melloramento da situación permitíu a reentrada de 125.000 damnificados, mais no outono dese mesmo ano a situación volveu empeorar progresivamente até a actualidade (abril de 2008).

Mogadixo, presa do caos, da violencia e de epidemias, está en plena catástrofe "humanitaria". Os damnificados en só o ano 2007 estímanse nun millón e medio de persoas. As tropas etíopes seguen a combater con os rebeldes armados, mentres o continxente militar ugandés aparece como incapaz de opor a mínima resistencia. Barrios enteiros están abandonados, en especial na área norte, onde ocorren os episodios de violencia máis graves.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mogadixo

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ross. E. Dunn, The Adventures of Ibn Battuta. Berkeley, 1986, p.125.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]