Moneghetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monaco-Monte Carlo.png

Moneghetti é un dos dez barrios de Mónaco e unha circunscrición electoral e administrativa, sendo nun pasado parte do tradicional distrito de La Condamine. Moneghetti atópase situado na fronteira norte-central do país, e delimita coa veciña cidade francesa de Beausoleil, ao igual que o barrio monegasco de Fontvieille.

O distrito destaca pola súa inclinación, debido a que está situado nunha área onde os Alpes descenden directamente até o Mediterráneo. Nel está a igrexa do Sagrado Corazón e a base da Asociación de Guías e Scouts de Mónaco.