Visa Waiver Program

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Visa Waiver Program é un programa do goberno estadounidense que permite a cidadáns de 38 países ingresar nos Estados Unidos de América para viaxes de turismo ou negocios de ate noventa días sen a necesidade de obtención previa de visto.

O programa foi introducido en 1986 coa fin de facilitar as viaxes de curta duración para nacionais de países con baixos índices de imigración ilegal nos Estados Unidos.

En azul: países incluídos no Visa Waiver Program. En vermello posibles futuros candidatos

Países incluídos[editar | editar a fonte]

En Febreiro de 2014, os 38 países que participan do programa son:

Alemaña Andorra Austria Australia Bélxica Brunei Chile Corea do Sur Singapur
Dinamarca Eslovenia España Eslovaquia Estonia Finlandia Francia Grecia
Hungría Islandia Eire Italia Xapón Letonia Liechtenstein Lituania
Luxemburgo Malta Mónaco Nova Zelandia Noruega Países Baixos Portugal Reino Unido (ver Observacións)
República Checa San Marino Suecia Suíza Taiwán

Dentro dos países membros da Unión Europea non gozan do programa os nacionais de: Bulgaria, Chipre, Grecia, Malta, Polonia e Romanía.


Cidadáns do Canadá e das Bermudas[editar | editar a fonte]

Nacionais do Canadá e das Bermudas tampouco precisan de visto para ingresar nos Estados Unidos, por estar todavia acollidos a outra legislación anterior. (Detalles en inglés)

Observacións[editar | editar a fonte]

NOTA Os cidadáns britânicos de ultra-mar e outros titulares de pasaporte británico, pero de fora das Illas, necesitan xeralmente de visto para visitar os Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]