Ministro de Estado de Mónaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ministro de Estado de Mónaco ou Primeiro Ministro de Mónaco é o título do xefe de goberno de Mónaco, aínda que é nomeado e está subordinado ao Príncipe de Mónaco. Durante o seu mandato, é o responsable de dirixir a acción do goberno e está ao cargo das relacións internacionais. Como representante do Príncipe, tamén dirixe os servizos executivos, está ao mando da policía e preside (con poder de voto) o Consello de Goberno.

O cargo foi creado en 1911, a través da Constitución de Mónaco. Até a reforma constitucional de 2002 esixíase que a persoa que ocupase o cargo tivese cidadanía francesa, e era seleccionado de entre distintos candidatos propostos polo goberno francés. Desde 2002, o Ministro de Estado pode ser francés ou monegasco, e é elixido polo Príncipe tras consultar ao goberno francés.

Lista de Ministros de Estado[editar | editar a fonte]

Nome Comezo do seu mandato Final do seu mandato Partido político
Émile Flach Febreiro 1911 Decembro 1917 Independente
Georges Jaloustre (en funcións) Xaneiro 1918 Febreiro 1919 Independente
Raymond Le Bourdon 19 de febreiro de 1919 11 de agosto de 1923 Independente
Maurice Piette 11 de agosto de 1923 Febreiro 1932 Independente
Henry Mauran (en funcións) Xaneiro 1932 Xuño 1932 Independente
Maurice Bouilloux-Lafont Xuño 1932 Xuño 1937 Independente
Henry Mauran (en funcións) Xuño 1937 Agosto 1937 Independente
Emile Roblot 15 de setembro de 1937 29 de setembro de 1944 Independente
Pierre Blanchy (en funcións) 29 de setembro de 1944 13 de outubro de 1944 Independente
Pierre de Witasse 13 de outubro de 1944 Decembro 1948 Independente
Pierre Blanchy (en funcións) 4 de xaneiro de 1949 12 de xullo de 1949 Independente
Jacques Rueff 12 de xullo de 1949 1 de agosto de 1950 Independente
Pierre Voizard 1 de agosto de 1950 2 de setembro de 1953 Independente
Henry Soum 15 de novembro de 1953 12 de febreiro de 1959 Independente
Émile Pelletier 12 de febreiro de 1959 23 de xaneiro de 1962 Independente
Pierre Blanchy (en funcións) 23 de xaneiro de 1962 16 de agosto de 1963 Independente
Jean Reymond 16 de agosto de 1963 28 de decembro de 1966 Independente
Paul Demange 28 de decembro de 1966 1 de abril de 1969 Independente
François-Didier Gregh 1 de abril de 1969 24 de maio de 1972 Independente
André Saint-Mleux 24 de maio de 1972 de xullo de 1981 Independente
Jean Herly Xullo 1981 16 de setembro de 1985 Independente
Jean Ausseil 16 de setembro de 1985 16 de febreiro de 1991 Independente
Jaques Dupont 16 de febreiro de 1991 2 de decembro de 1994 Independente
Paul Dijoud 2 de decembro de 1994 3 de febreiro de 1997 Independente
Michel Lévêque 3 de febreiro de 1997 5 de xaneiro de 2000 Independente
Patrick Leclercq 5 de xaneiro de 2000 1 de maio de 2005 Independente
Jean-Paul Proust 1 de maio de 2005 Actual Independente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]