Asociación de Tenistas Profesionais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación de Tenistas Profesionais (ATP) é unha organización creada en 1972 coa intención primeira de protexer e velar polos intereses de todos aqueles xogadores masculinos de tenis[1].

Índice

[editar] Historia e características

Desde 1990, a ATP organizou o circuíto principal de tenis masculino a nivel mundial, coñecido como ATP Tour (unha evolución dos formatos anteriormente denominados World Championship Tennis). A partir do ano 2009, o devandito remodelouse, pasando a nomearse ATP World Tour.

A sede central do ATP atópase localizada en Londres, Gran Bretaña. A división americana aséntase en Ponte Vedra Beach (Florida); a europea reside en Mónaco, e finalmente aquela dedicada ao resto do mundo, incluíndo África, Asia e Oceanía, ten a súa base de operacións en Sidney, Australia.

[editar] Notas

  1. Un ano despois da creación da ATP (1972) para os xogadores masculinos, as mulleres formalizaron a Asociación de Tenis Feminino co mesmo propósito.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas