Alberte II de Mónaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberte II de Mónaco

Albert Alexandre Louis Pierre Grimaldi, nado o 14 de marzo de 1958, é o Príncipe de Mónaco desde a morte de seu pai no 2005.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo fillo e único home de Rainiero III de Mónaco e da actriz estadounidense Grace Kelly. Foi o sucesor de seu pai desde o seu nacemento co título de Príncipe Herdeiro e Marqués de Baux, e rexente de Mónaco desde o agravamento da enfermidade do Príncipe soberano. Herdará este título oficialmente días despois do enterramento de Rainiero.

Competiu nas Olimpíadas de Inverno (1988,1992,1994,1998 e 2002). Representou o seu país no ingreso na ONU en 1993 e en outubro de 2004 no Consello de Europa.

Rexente entre o 31 de marzo de 2005 e o 6 de abril de 2005.