Honorato IV de Mónaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HonoriusIV.jpg

Honorato IV foi o príncipe reinante de Mónaco de 1795 a 1819. Fillo de Honorato III de Mónaco e de Marie Catherine de Brignole, naceu en Mónaco o 17 de maio de 1758. Casou en París o 15 de xullo de 1777 con Louise Félicité Victoire d'Aumont, duquesa de Mazarin e da Meilleraye, de quen se divorciaría en 1798. Deste matrimonio nacerán Honoré e Florestan, ambos os dous príncipes reinantes de Mónaco. Morreu na capital francesa o 16 de febreiro de 1819.