Cadril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadril
Gray339.png
Ósos do cadril
Hip.jpg
Ósos do cadril
Latín coxa
Gray's asunto #92 333
MeSH Hip

Na anatomía, o cadril é a proxección ósea do fémur que é coñecida como o trocánter maior, e os músculos e gorduras na rexión. A articulación do cadril é a articulación entre o fémur e o acetábulo da pelve, e a súa principal función é soportar o peso do corpo en posturas estáticas (de pé) e dinámicas (camiñando ou correndo).

A articulación do cadril é unha diartrose (articulación sinovial), do tipo esferoide (esferoidal), ou sexa, posúe cápsula articular, a cal posúe líquido sinovial.

Os principais ligamentos que axudan a manter a estabilidade desta articulación son os ligamentos iliofemoral, pubofemoral e isquiofemoral.